Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Oroso e Frades (expediente IN407A 2016/254-1).

Expediente: IN407A 2016/254-1.

Promotora: Unión Distribuidores Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT aérea SC 20 kV a CT Castiñeiro e CT Garabanxa.

Concellos: Oroso e Frades.

Feitos:

1. O 21 de marzo de 2016 o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG núm. 86, do 6 de maio de 2016 e no BOP núm. 76, do 22 de abril de 2016.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– A instalación proxectada consiste no cambio do condutor da liña existente LMT CT Castiñeiro (MOAR) e RBTA (expediente IN407A 2015/542-1) e a adecuación dos transformadores Garabanxa e Castiñeiro:

– Tramo 1: tramo aéreo en condutor cuberto CCX 47-A O1/8-ST1A 20 kV, sobre apoios de formigón de 2.225,76 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 141 HVH 2500/12 da liña LMT Eixe Cimadevila-Rabal (expediente IN407A 2009/303-1) e final no apoio nº 21 (centro de transformación de intemperie Castiñeiro).

– Tramo 2: tramo aéreo en condutor cuberto CCX 47-A O1/8-ST1A 20 kV, sobre apoios de formigón de 174,53 metros de lonxitude, derivada a CT Garabanxa, orixe no apoio nº 12 existente HV 1660/13 do tramo de liña anterior e final no centro de transformación de intemperie Garabanxa.

– CTI Castiñeiro: adecuación do centro de transformación de intemperie 160 kVA, relación de transformación 20.000/400/230 voltios, sen substitución deste, e modificación do apoio actual instalando un apoio de formigón HVH 2000/13.

– CTI Garabanxa: adecuación do centro de transformación de intemperie 100 kVA, relación de transformación 20.000/400/230 voltios, sen substitución deste, e modificación do apoio actual instalando un apoio de formigón HVH 2000/13.

O orzamento da instalación segundo proxecto é de 46.344,71 euros.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude que se acompañará da seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo, e as certificacións ou homologacións se procede.

• Un certificado do director da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbera, así coma das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o medio ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 24 de febreiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña