Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2017 Páx. 16272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, da contratación do servizo de limpeza dos centros educativos dependentes desta consellería (lote único e contratación documentalmente simplificada).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Subdirección Xeral de Centros. Servizo de Centros.

c) Número de expediente: ED-01/2017-DXCRH.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza integral das instalacións educativas dos centros educativos especificados no lote.

c) División por lotes e número de lotes: si. Lote único.

d) Lugar de execución: nos centros educativos especificados no lote.

e) Prazo de execución: dous anos, desde o 1 de setembro de 2017 ata o 31 de agosto de 2019.

f) Clasificación: non se exixe.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Prezo: o importe neto do contrato é de 374.027,52 euros, máis 78.545,78 euros, en concepto de IVE, do que resulta unha cantidade total de 452.573,30 euros.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 65 18.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=139562

7. Presentación das ofertas:

a) Prazo de presentación: o prazo de presentación das proposicións finalizará o día 9 de maio de 2017.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación necesaria: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, en calquera dos seus rexistros auxiliares ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data e a hora de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante télex, telegrama ou fax (981 54 65 42) nese mesmo día.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: os actos públicos de apertura de proposicións realizaranse no lugar, na data e na hora que se anunciarán no perfil do contratante (http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=139562), con 48 horas de antelación á realización dos ditos actos.

9. Gastos do anuncio: o importe dos anuncios será por conta do/dos adxudicatario/s.

10. Data de envío deste anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 30 de marzo de 2017.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2017

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria