Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15854

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (701/2016).

DSP. Despedimento/cesamentos en xeral 701/2016

Demandante: José Francisco Miguens Castelo

Avogada: María Catalfamo

Demandados: Lineanorte Multiservicios, S.L., Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 701/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Francisco Miguens Castelo contra Lineanorte Multiservicios, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo:

Estímase a demanda interposta por José Francisco Miguens Castelo contra a empresa Lineanorte Multiservicios, S.L. e declárase a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada con efectos do 27 de agosto de 2016 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 56,28 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral, con aboamento ao demandante da indemnización de 1.083,38 euros por despedimento improcedente, sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de cinco (5) días, contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

Condénase igualmente a demandada ao pagamento dos honorarios da letrada, que se cuantifican no importe de 200 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela».

Para que sirva de notificación en legal forma a Lineanorte Multiservicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza