Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15856

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (PO 662/2014).

PO procedemento ordinario 662/2014

Demandante: Daniel Cordero Placer

Avogado: José Manuel Vales Raña

Demandados: Moldsan, S.L.U., APP Dexterapp, S.L., Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 662/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Cordero Placer contra Moldsan, S.L.U., APP Dexterapp, S.L. e Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Acordo:

– Admitir a demanda presentada.

– Citar as partes para que comparezan o día 1.6.2017 ás 9.35 horas na secretaría deste xulgado ao acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, ás 9.40 horas do mesmo día, na planta baixa, sala 1, edif. rúa Berlín, ao acto de xuízo.

– Advírtase ás partes que en caso de non compareceren nin alegaren xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación ou xuízo, o demandante non comparecido será tido por desistido da súa demanda e a incomparecencia do demandado non impedirá a celebración dos actos de conciliación e xuízo, continuando o procedemento, sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso a dar conta ao xuíz.

Ao outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes, paso a dar conta a SSª do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Moldsan, S.L.U. e AAP Dexterapp, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza