Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15835

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1597/2015).

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, no procedemento de modificación de medidas 1597/2015-CH, seguido neste xulgado, se ditou a sentenza do teor literal seguinte:

«Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolución

Estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Ogando, en nome e representación de José Maceiras Rodríguez fronte a María Eladia Fernández Cardoso e declaro a modificación das medidas acordadas na sentenza de data do 6.11.2014, acordada en autos de divorcio de mutuo acordo 1298/14, establecendo as seguintes medidas:

Deberá a nai en concepto de alimentos, ingresar todos os meses a cantidade de 200 € na conta que designe o pai, por meses anticipados dentro dos cinco primeiros días de cada mes. A pensión actualizarase anualmente conforme o incremento que experimente o IPC xeral ou índice que no futuro o substitúa, con referencia ao 1 de xaneiro de cada ano. Así mesmo, imponse a obrigación de sufragar o 50 % dos gastos extraordinarios que se poidan producir, diferenciando entre os necesarios (gastos médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) en que non é necesario o previo consentimento das partes e os non necesarios, nos cales haberá de consensuar os ditos gastos.

Atribúe o uso e desfrute da vivenda sita na rúa Río Bubal, nº 10-4º D de Ourense á filla común Noemí e ao demandante.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e seguintes da LAC) ante este tribunal, polo Ministerio Fiscal.

Así o acorda, manda e asina S.S.ª. Dou fe».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Mª Eladia Fernández Cardoso, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 8 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza