Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15837

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados

EDICTO (281/2016).

Ord. procedemento ordinario 281/2016

Demandante: Tomás Rubén Vasquez Flores

Demandado: Orlando Gordillo Díaz

Eu, Julio Manuel González Muñoz, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Cambados, por este edicto

Anuncio:

Neste procedemento de xuízo ordinario 281/2016 seguido por instancia de Tomás Rubén Vasquez Flores contra Orlando Gordillo Díaz ditouse a Sentenza do 9 de marzo de 2017 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Resolvo:

Estimando a demanda interposta pola procuradora Carla Rocafort Rial, en nome e representación de Tomás Rubén Vasquez Flores contra Orlando Gordillo Díaz, debo condenar e condeno o demandado a aboarlle ao demandante a cantidade de oito mil euros (8.000 €) máis os xuros correspondentes. Todo isto con expresa imposición de custas á parte demandada.

Notifíqueselles ás partes.

Ao encontrarse o dito demandado, Orlando Gordillo Díaz, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Cambados, 9 de marzo de 2017

O letrado da Administración de xustiza