Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2016/599-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construcción das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Título: reforma LMT GON805 derivada Camos-Tarela y CS.

Situación: Nigrán.

Características técnicas:

LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 53 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente C-2000-18 da LMT GON805 e final no apoio proxectado nº 1 HVH-1600-15 (paso aéreo a subterráneo, PAS).

LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ en catro tramos:

– 195 metros; orixe: apoio proxectado nº 1 PAS; final: centro de seccionamento (CS) proxectado Camos-Tarela.

– 314 metros; orixe: CS proxectado; final: punto de acceso (PA) existente nº 11 da LMTS ao CT Macomusa.

– 31 metros; orixe: CS proxectado; final: PA proxectado na LMTS ao CT Rúa dos Pazos.

– 31 metros; orixe: CS proxectado final: PA proxectado na LMTS ao CT Outeiro.

Centro de seccionamento, con celas prefabricadas baixo envolvente metálica con corte e illamento en SF6, situado na Tarela, Nigrán.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 5 de decembro de 2016, no BOP do 7 de decembro de 2016, no xornal Faro de Vigo do 5 de decembro de 2016 e no taboleiro de anuncios do concello de Nigrán. Tamén se notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economia e Industria do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 7 de marzo de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra