Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Alfoz (expediente IN407A 2017/25-2, 8493 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Estación de Servicio Río Ouro, S.L.

Domicilio social: A Granda-Alfoz, Lugo.

Denominación: liña de media tensión, centro de transformación de 250 kVA e liña de baixa tensión.

Situación: concello de Alfoz.

Características técnicas:

1. LMT soterrada a 20 kV con orixe nun apoio proxectado tipo C-3000/14 que se instalará na LMT aérea Fazouro entre os apoios existentes nº 43 e nº 44 e final no CT prefabricado proxectado, cunha lonxitude de 25 metros en condutor tipo RHZ1-150.

2. Centro de transformación compacto prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, cunha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. Liña soterrada de baixa tensión, con orixe no CT proxectado e final nun paso de aéreo a soterrado situado no apoio de formigón nº 1, cunha lonxitude de 20 metros en condutor tipo RV-240.

4. Liña aérea de baixa tensión, con orixe no paso de aéreo a soterrado situado no apoio 1 e final no apoio nº 3, cunha lonxitude de 70 metros en condutor tipo RZ-150.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte (20) días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 7 de marzo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo