Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 23 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2017/004-1).

Expediente IN407A 2017/004-1.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación: reforma do CT avenida de Caión.

Concello: A Laracha.

Características técnicas:

– LMTS a 15 kV, de 120 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al), con orixe no treito entre o CMD de Froxo (expediente IN407A 2012/067) e o CS Polígono 1 (expediente 306/11) da LMTS existente que alimenta o polígono industral da Laracha (expediente 296/11) e final, con entrada e saída, no CT avenida de Caión (expediente 68/00) que se vai reformar.

– Novo CT avenida de Caión en edificio de obra civil, cunha potencia de 250 kVA, unha relación de transformación de 15.000-20.000/400-230 V e dous conxuntos de celas en configuración 4L e 3L+1P.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 23 de febreiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña