Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15872

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2016/530-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e, no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: José Piñeiro e Hijos, S.L.

Domicilio social: barrio da Cavadiña, s/n, Mosende, 36400 Porriño (O).

Denominación: instalación fotovoltaica de autoconsumo na Cavadiña.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: instalación solar fotovoltaica de autoconsumo cunha potencia nominal de 200 kWp. A instalación consta de 665 módulos e 6 inversores, 2 dunha potencia de 50 kW e 4 de 25 kW instalados sobre a cuberta dunha nave industrial, e ocupa unha superficie de 3.516 metros cadrados. A instalación está situada na Cavadiña, Mosende, s/n, O Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Ed. Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 15 de novembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra