Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15868

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 23 de febreiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2017/005-1).

Expediente: IN407A 2017/005-1.

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación: nova saída de liña Froxo-Proame.

Concello: A Laracha.

Características técnicas:

– LMTS a 15 kV, de 1,507 km, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×150 mm2 Al), con orixe no CMD de Froxo (expediente IN407A 2012/067) e final no apoio A/S proxectado no apoio existente da LMT Proame. Retirarase o paso A/S existente da LMTS procedente do CT Grupo Escolar (expeidente IN407A 2007/55-1), levando o condutor retirado á arqueta existente no pé do apoio, onde se conectará coa LMTS proxectada. Este treito discorrerá pola canalización existente contemplada nos expedientes 296/2011, 583/07 e 193/94.

– LMTS a 15 kV, de 206 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×150 mm2 Al), con orixe no empalme coa LMTS procedente do CT Grupo Escolar (expediente IN407A 2007/55-1) e final na nova cela de liña proxectada no CT existente rúa Luís Martínez (expediente IN407A 2007/55-1).

– Cela de liña no CT existente rúa Luís Martínez (expediente IN407A 2007/55-1).

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 23 de febreiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña