Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2017 Páx. 15866

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 20 de xaneiro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 2016/3023-1).

Expediente: IN407A 2016/3023-1

Solicitante: Sucesores de M. Leira, S.L.

Denominación: ampliación CT autoestrada e interconexión con LMT, CT Pedra do Couto e LMT, CT Pedreiras.

Concello: Cabanas.

Características técnicas:

Modificado CT autoestrada: instalación de 4 celas de media tensión, 2 celas de liña motorizadas de entrada/saída coa LMT a CT Pedra do Couto, 1 cela protección mediante fusibles de saída á LMTS a CT Pedreiras e unha cela de liña motorizada de acoplamento coa barra de alimentación ao transformador do túnel da autoestrada AP9.

LMTS entrada Pedra do Couto: tramo subterráneo en condutor RHZ1-20L3×1×95 mm2 AI, de 54 metros de lonxitude coa orixe no PAS para instalar no apoio nº 7 da LMT a CT Pedra do Couto e final no CT autoestrada (expediente IN407A 2014/046).

LMTS saída Pedra do Couto: tramo subterráneo en condutor RHZ1-20L3×1×95 mm2 AI, de 42 metros de lonxitude coa orixe no CT autoestrada e final na LMTS a CT Pedra do Couto realizando un empalme na arqueta no apoio nº 7 coa liña suberránea existente.

LMTS a CT Pedreiras: tramo subterráneo en condutor RHZ1-20L3×1×95 mm2 AI, de 42 metros de lonxitude coa orixe no CT autoestrada e final na LMTS a CT Pedreiras realizando un empalme na arqueta á altura do apoio nº 7 coa liña suberránea existente.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña