Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15666

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (183/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 183/2016 deste xulgado do social, seguido a instancia de Antonio Luis Coira Ferrant contra Reyes Y Gago, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, ditouse sentenza, cuxo fallo di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Antonio Luis Coira Ferrant, contra a entidade Reyes e Gago, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno á entidade Reyes e Gago, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 3.044,26 euros brutos por salarios percibidos entre xullo e setembro de 2015, así como liquidación, incrementadas no interese do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, con imposición das costas do presente procedemento, que incluirán os honorarios do letrado co límite de 600 euros. Coa intervención procesal do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mando e asina a maxistrada xuíza deste xulgado, Pilar Carreira Vidal.

Publicación: lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Reyes y Gago, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza