Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15667

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 37/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 37/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Sánchez Vilariño contra Pezetace, S.L. e o Fogasa sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación cantidade 37/2016.

Demandante: Francisco Sánchez Vilariño.

Letrada: Sra. Gómez Lozano.

Demandada: Pezetace, S.L.

Letrado: Fogasa.

«Decido:

1. Estimar a demanda formulada por Francisco Sánchez Vilariño contra Pezetace, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagar ao primeiro a suma de 16.540,56 euros en concepto de indemnización polo seu despedimento procedente.

2. O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS, cos límites previstos no artigo 33 da ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pezetace, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza