Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15669

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 410/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 410/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Antonio Ramos Seijas contra Pindeco Noroeste, S.L., Fogasa, sobre ordinario, foi ditada resolución cuxo encabezamento e fallo parte dispositiva din:

«Sentenza.

A Coruña, 6 de marzo de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario nº 410/2014 seguidos ante este xulgado por instancia de Juan Antonio Ramos Seijas, representado polo graduado social Senén Fandiño Ucha, contra Pindeco Noroeste, S.L. e contra o Fogasa, que non comparecen, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes [...]

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Juan Antonio Ramos Seijas e condeno Pindeco Noroeste, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 3.593,61 euros líquidos máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderá anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado/a xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, letrada da Administración de xustiza, dou fe.»

E para que sirva de notificación en legal forma a Pindeco Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza