Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15671

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (82/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 82/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Radu contra Ana María García Alonso sobre ordinario, se ditaron as seguintes resolucións:

«Non procede despachar a execución interesada fronte á entidade Dilemin, S.L., por encontrarse en situación de concurso.

Despachar orde xeral de execución da Sentenza número 426/2016, do 23 de decembro, ditada no procedemento ordinario 1074/2013, a favor da parte executante, Ana María Radu, fronte a Ana María García Alonso, parte executada, por importe de 23.980,26 euros de principal (18.223,60 euros máis 5.756,66 euros de xuros do artigo 29.3 ET), máis outros 2.398,02 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación».

«Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Ana María García Alonso, dar audiencia previa á parte demandante Ana María Radu e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente».

Para que sirva de notificación en legal forma a Ana María García Alonso, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza