Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15665

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1033/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1033/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Canedo Villamisar contra a empresa I-VAMOS, Empresa de Servicios Especializados, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Resolución:

Que, estimando en parte a demanda interposta polo demandante José Antonio Canedo Villamisar, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa I-Vamos Empresa de Servicios Especializados, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 4.565,50 euros, máis o 10 % de xuro por mora respecto da cantidade salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes as cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na “conta de depósitos e consignacións” que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a I-VAMOS, Empresa de Servicios Especializados, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza