Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15664

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (404/2014).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 404/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Laura del Valle Aguilera Quinteros, María Vanessa Rodríguez Marcote, Carla Rodríguez Hernández e Ana Collazo Pose contra a empresa José Luis Barros Moreno, Colonial Trade, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

Decido que, estimando a demanda interposta polas demandantes Ana Collazo Pose, Laura del Valle Aguilera Quinteros, María Vanessa Rodríguez Marcote e Carla Rodríguez Hernández, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Colonial Trade, S.L. a que lle aboe a cantidade de 1.648,34 € a favor de cada unha das demandantes Sras. Collazo, Aguilera e Rodríguez Marcote, e 1.655,88 € a favor da Sra. Rodríguez Hernández.

Apróbase a desistencia respecto de José Luis Barros Moreno.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás cales se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando.

Para que sirva de notificación en legal forma a José Luis Barros Moreno e Colonial Trade, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diaro Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza