Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15662

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (530/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 530/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Isabel María Garrido Troche e María Vanesa González Iglesias contra a empresa PFA Prevención de Riesgos Laborales, S.A., Malga Servicios Empresariales, S.L., Asesoría Técnico-Administrativa, S.L., Grupo PFA Pérez Fadon Asesores, S.L., Herfran Asesores, S.L., Servicios Y Asesoramiento Empresarial Grupo PFA, S.L., Segaprel, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Resolución:

Que, estimando en parte a demanda interposta polas demandantes María Vanesa González Iglesias e Isabel María Garrido Troche, con citación de Fogasa, debo condenar e condeno as empresas Servicio Gallego de Prevención de Riesgos Laborales S.L., PFA Prevención de Riesgos Laborales S.A., Asesoría Técnica-Administrativa S.L., Servicios y Asesoramiento Empresarial Grupo PFA, S.L., Pérez Fadon Asesores S.L., Malga Servicios Empresariales, S.L. e Herfran Asesores S.L., a que aboen solidariamente a cantidade de 7.382,46 euros a favor de la Sra. González e 5.901,13 euros a favor da Sra. Garrido.

Notifíquese esta resolución ás partes as cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na “Conta de depósitos e consignacións” que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá, no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a PFA Prevención de Riesgos Laborales, S.A., Malga Servicios Empresariales, S.L., Asesoría Técnico-Administrativa, S.L., Herfran Asesores, S.L. e Segaprel, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial Galicia.

A Coruña, 13 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza