Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15660

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO de aclaración de sentenza (461/2014).

Procedemento ordinario 461/2014

Sobre execución de obras, danos e perdas

Demandante: Com. Prop. del Garaje Edificio Galimar de Boiro

Procuradora: Elena Ramos Picallo

Avogada: Vanesa García González

Demandados: Invernova Xestión Inmobiliaria 2010, S.L., María Pilar Vence Lodeiro, Álvaro Macía Rodríguez, Galimar Promove, S.A.

Procuradoras: Tamara Paisal Outeiral, Montserrat Vidal Rivas

María Violeta Reboredo Otero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ribeira, pola presente anuncio:

Auto de aclaración:

Ribeira, 12 de decembro de 2016.

Antecedente de feito único. O 16 de setembro de 2016 ditouse sentenza e a procuradora Monserrat Vidal, en nome e representación de Álvaro Macía, solicitou aclarar a sentenza en materia de custas.

Razoamento xurídico único. 1. As omisións ou defectos que puideren padecer sentenzas e autos e que for necesario remediar para levar plenamente a efecto as devanditas resolucións poderán ser emendadas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecidos no artigo anterior.

Á vista da estimación parcial das pretensións da parte demandante é de aplicación o artigo 394 2 da LAC. Se for parcial a estimación ou desestimación das pretensións, cada parte aboará as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade, a non ser que haxa méritos para impoñelas a unha delas por litigar con temeridade.

Polo tanto, cada parte asumirá as custas causadas pola súa instancia e a comúns por metade.

En atención ao exposto,

Dispoño manter a sentenza nos seus termos.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso.

Así o acorda, manda e asina Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira e o seu partido xudicial.

E encontrándose as entidades demandadas Galimar Promove, S.A. e Invernova Xestión Inmobiliaria 2010, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a estas.

Ribeira, 28 de decembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza