Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15658

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira

EDICTO (461/2014).

Procedemento ordinario 461/2014

Sobre execución de obras, danos e perdas

Demandante: Comunidad de Propietarios del Garaje Edificio Galimar de Boiro

Procuradora: Elena Ramos Picallo

Avogada: Vanesa García González

Demandados: Invernova Xestión Inmobiliaria 2010, S.L., María Pilar Vence Lodeiro, Álvaro Macía Rodríguez, Galimar Promove, S.A.

Procuradoras: Tamara Paisal Outeiral, Montserrat Vidal Rivas

Eu, María Violeta Reboredo Otero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ribeira, polo presente edicto anuncio:

«Sentenza.

Ribeira, 26 de setembro de 2016

Vistos por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira e o seu partido xudicial, os autos do xuízo ordinario número 461/2014, en que foron parte demandante Comunidad de Propietarios del Edifico Galimar, representada pola procuradora Sra. Ramos Picallo e asistida pola letrada Sra. García González, e parte demandada Galimar Promove, S.A., Invernova Xestion Inmobiliaria 2010, S.L., Mª del Pilar Vence Lodeiro, representada pola procuradora Sra. Paisal Outeiral e asistida polo letrado Sr. López Taboada, e Álvaro Macía Rodríguez, representado pola procuradora Sra. Vidal Rivas e asistido polo letrado Sr. López Fernández.

Decido que, estimando parcialmente a demanda presentada por Comunidad de Propietarios del Edificio Galimar contra os demandados Galimar Promove, S.A., Invernova Xestión Inmobiliaria 2010, S.L., Mª del Pilar Vence Lodeiro e Álvaro Macía Rodríguez, debo condenar e condeno a Galimar Promove, S.A. e a Mª del Pilar Vence Lodeiro ao aboamento de xeito solidario da suma de 3.105,83 euros en concepto de reparación dos defectos obxecto de reclamación.

Debo absolver e absolvo a Invernova Xestión Inmobiliaria 2010, S.L. e a Álvaro Macía Rodríguez do pagamento polas reparacións reclamadas.

Cada parte asumirá as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Notifíquese ás partes.

Publicación. O 30 de setembro de 2016, en audiencia pública, foi lida e publicada a anterior sentenza pola xuíz que a ditou. Dou fe».

E encontrándose as entidades demandadas, Galimar Promove, S.A. e Invernova Xestión Inmobiliaria 2010, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a estas.

Ribeira, 3 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza