Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2017 Páx. 15656

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1294/2015).

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que no presente procedemento de se ditou a seguinte sentenza:

Sentenza número 511.

En Vigo o vinte de outubro de dous mil dezaseis.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 1294/2015 sobre garda e custodia e alimentos respecto de fillo menor de idade, por instancia de Aminata Wade, representada polo procurador dos tribunais José Fernández González e con asistencia letrada de Antonio Sabucedo Cameselle, contra El Hadj Diadji Diagne, declarado en rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes:

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolución:

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Fernández González, en nome e representación de Aminata Wade, como demandante, contra El Hadj Diadji Diagne, declarado en situación de rebeldía procesual, e no que interveu o Ministerio Fiscal, fago os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia do fillo menor atribúese á Sra. Wade, quen exercerá en exclusiva a patria potestade sobre o seu fillo.

Segundo. O Sr. El Hadj Diadji Diagne poderá relacionarse co seu fillo nos termos establecidos no fundamento de dereito terceiro da presente resolución.

Terceiro. O Sr. El Hadj Diadji Diagne satisfará en concepto de alimentos a favor do seu fillo a cantidade de 150 euros mensuais, que serán ingresados dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta corrente que para o efecto designe a nai e que será actualizada anualmente conforme a variación do índice de prezos de consumo que indique o Instituto Nacional de Estatística.

Cuarto. Ambos os proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios do seu fillo.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Así, por esta a miña sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e para a súa notificación a El Hadj Diadji Diagne, en paradoiro descoñecido, expido e asino o presente.

Vigo, 13 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza