Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15294

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (616/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 616/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paula Sánchez Agra contra Acega Formación Continua, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa sentenza expresa:

«1º. Que, estimando substancialmente a demanda interposta por Paula Sánchez Agra contra a entidade Acega Formación Continua, S.L., debo condenala e a condeno a que lle aboe as cantidades de 3.976,4 € –que terá que verse incrementada cun xuro do 10 % computado no modo indicado no fundamento xurídico segundo da presente resolución– e de 294 € –acrecentada co xuro legal do diñeiro contabilizado na forma referida no mesmo ordinal–.

2º. Que debo condenar e condeno o Fogasa a se ater á condena imposta á empresa demandada.

3º. Non se fai especial imposición de custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación, que se deberá anunciar perante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza e que será resolto, de ser o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Acega Formación Continua, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza