Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15293

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (1/2017).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execucion de títulos xudiciais 1/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Maryeri Latorre Garcia contra Rafael Sáenz de Heredia Area sobre ordinario, se ditou a resolución en que se acorda:

Declarar o executado Rafael Sáenz de Heredia Area en situación de insolvencia por importe de 2.595,60 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

Para que sirva de notificación en legal forma a Rafael Saenz de Heredia Area, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 10 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza