Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15295

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (P.O. 694/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 694/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio Damián Varela Salgado contra a empresa Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L., Carmen Oteo Barranco y el Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolvo:

Primeiro. Que, aceptando substancialmente a demanda interposta por Sergio Damián Varela Salgado contra a entidade Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L., debo condenala e condénoa a que lle aboe ao demandante as cantidades de 2.471,19 euros –incrementada cun xuro do 10 %, contabilizado no modo indicado no fundamento xurídico segundo da presente resolución– e de 38,55 euros –incrementada co xuro legal do diñeiro contabilizado na forma establecida no referido ordinal–.

Segundo. Que debo condenar e condeno a Carmen Oteo Barranco –na súa condición de administradora concursal– e ao Fogasa a estar e pasar pola condena imposta á empresa demandada.

Terceiro. Non se fai especial imposición de custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que, contra ela, non cabe recurso ningún, que deberá anunciarse ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza e que será resolto, se é o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Serramar Vigilancia y Seguridad, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a fixación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza