Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15167

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición e o rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo parcial do convenio colectivo da empresa Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para as fábricas de taboleiro de Finsa.

Visto o texto do acordo parcial do convenio colectivo da empresa Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para as fábricas de taboleiro de Finsa (código 82000913012007), que se subscribiu entre a representación empresarial e as organizacións sindicais UGT e USO, na xuntanza do 31 de xaneiro de 2017, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Secretaría Xeral de Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

Acta da mesa negociadora do convenio colectivo de Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para os seus centros de traballo en Galicia

Ás 12.30 horas do día 31 de xaneiro de 2017, nos locais da empresa Financiera Maderera, S.A (Finsa) en Santiago de Compostela, reúnense as persoas que a continuación se mencionan, integrantes da comisión negociadora do convenio colectivo de empresa en representación das catro fábricas de taboleiro de Finsa en Galicia.

• Por parte dos traballadores:

– Por CC OO:

1. Jesús Mª Fernández Rodríguez. DNI: 33345383.

2. Víctor Rubianes César. DNI: 35478859.

3. Alfonso Pedride Pérez . DNI: 14255169.

4. Mario González Dávila. DNI: 34963521.

– Por UGT:

1. Álvaro G. Lois Fernández . DNI: 33239000.

2. Miguel A. Pereiro Balseiro . DNI: 34996643.

3. José Otero Casal. DNI: 35471355.

4. Jose Ramón Portas Cordo. DNI: 35457226.

5. Marcos Vázquez Garrido. DNI: 33540501.

– Por USO:

1. Marcial Casas Couselo. DNI: 33301633.

2. Esteban Boquete Landeira. DNI: 33301270.

3. Rubén Cao Rodríguez. DNI: 44456788.

• En representación da empresa:

1. Xosé M. Mera Iglesias. DNI: 36126130.

2. Daniel Noya Miramontes. DNI: 33291958.

3. Gonzalo Machado Domínguez. DNI: 34955250.

4. José Manuel Sánchez Expósito. DNI: 33309656.

5. Marco A. Díaz López. DNI: 33327406.

6. Mª Luz Cachafeiro García. DNI: 44819014.

7. Modesto Vázquez Vilares. DNI: 33287691.

8. Ramón Vázquez Lista. DNI: 32753769.

Reúnese a comisión negociadora no lugar e data arriba indicados co obxecto de someter a aprobación o acordo parcial de convenio alcanzado na reunión do pasado día 23 de decembro de 2016, unha vez que foi apoiado maioritariamente polo conxunto dos traballadores dos centros de traballo incluídos no ámbito de aplicación.

Unha vez analizados os seus contidos e revisado o documento que recolle os termos do acordo, sométese á consideración das distintas opcións sindicais que integran a comisión negociadora. Os representantes de UGT e de USO na mesa negociadora manifestan a súa conformidade con el e os representantes de CC OO manifestan que non aceptan o acordo de convenio por consideralo insuficiente.

En consecuencia, e recoñecéndose as partes reciprocamente lexitimación e capacidade, na representación que desempeñan, para o outorgamento desta acta de aprobación de convenio, acordan:

Primeiro. Acórdase a aprobación do acordo de convenio cos votos favorables da representación empresarial e dos cinco membros do sindicato Unión Xeral de Traballadores (UGT) e dos tres membros da Unión Sindical Obreira (USO) na comisión negociadora, que conxuntamente representan o 63,83 % da representación sindical na mesa negociadora, e os representantes do sindicato Comisións Obreiras (CC OO) manifestan a súa desconformidade con el.

Segundo. Acórdase a aprobación do documento de acordo de convenio que se xunta como anexo á presente acta, que asinan unicamente os membros de UGT e USO, que manifestan a súa conformidade con el, e os representantes da empresa na comisión negociadora, estimándose cumpridos os requisitos de lexitimidade decisoria, ao aprobarse por maioría de cada unha das dúas representacións na comisión negociadora de conformidade co disposto no artigo 89.3 do Estatuto dos traballadores (Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro).

Terceiro. Ambas as partes acordan facultar a Xosé Manuel Mera Iglesias para que, en representación da empresa, proceda ao rexistro no sistema Regcon desta acta de acordo ante a Dirección Xeral de Traballo, co fin de que esta lle dea o trámite oportuno e se proceda ao rexistro, depósito e publicación no DOG do presente acordo parcial de convenio colectivo de Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para as fábricas de taboleiro de Galicia.

E, en proba de conformidade, ratificando en todos os seus aspectos a presente acta, os asistentes asinan no lugar e data arriba indicados.

Acordo parcial de convenio colectivo da empresa Financiera Maderera, S.A. (Finsa) para as fábricas de taboleiro en Galicia

Antecedentes.

Ambas as partes iniciaron o proceso negociador para a renovación dos contidos do convenio colectivo de empresa co obxectivo de adecuar o marco de relacións laborais tanto ás exixencias do mercado e os clientes nun contexto económico en permanente cambio como á estrutura actual da empresa integrada por distintos negocios que exixen respostas diferenciadas no ámbito produtivo e de servizo ao cliente, que permitan afianzar a sustentabilidade e a competitividade da empresa.

A complexidade deste proceso negociador e a amplitude de materias que hai que regular, levou á comisión negociadora a establecer unha priorización na negociación das materias que requirían unha aplicación inmediata para atender as necesidades dos negocios, particularmente referidas á incorporación de medidas de flexibilidade na organización do traballo e o incremento salarial. Para iso establecéronse unhas condicións mínimas de aplicación mediante un acordo parcial de convenio, de conformidade co disposto no artigo 86.3 do Estatuto dos traballadores, modificáronse algúns dos contidos establecidos no convenio colectivo de empresa e continuouse a negociación sobre o resto de contidos do convenio, en particular o Plan de igualdade, a clasificación profesional e a formación profesional, así como o incremento de salarios e o afondamento nos mecanismos de flexibilidade na organización do traballo.

Como resultado das reunións de negociación mantidas entre ambas as partes, alcanzouse un acordo de modificación parcial do convenio colectivo de empresa que se formaliza na presente acta consonte os seguintes acordos:

Primeiro. Ámbito de aplicación e vixencia temporal

O presente acordo de modificación parcial de convenio colectivo iniciará os seus efectos a partir do día 1 de xaneiro de 2017 e manterá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2017, excepto en materia salarial, que terá efectos retroactivos ao 1 de xaneiro de 2014, nos termos e condicións pactados no acordo sétimo, que regula os incrementos salariais.

O convenio colectivo da empresa será de aplicación ao persoal das fábricas de taboleiro da empresa Financiera Maderera, S.A. (Finsa) en Galicia, con centros de traballo en Santiago de Compostela, Padrón, Rábade (Lugo) e San Cibrao das Viñas (Ourense).

O resto de materias reguladas no convenio colectivo da empresa (código de convenio 82000913012007) non modificadas polo presente acordo parcial de convenio estarán vixentes ata o 31 de decembro de 2017.

Segundo. Flexibilidade na organización do traballo

Ambas as partes acordan regular no convenio colectivo os mecanismos de flexibilidade que permitan unha adaptación permanente ás necesidades dos negocios, cuxa variabilidade se veu incrementando progresivamente e maniféstase cada vez en períodos temporais máis curtos, o que dificulta a actual xestión baseada en estimacións e planificacións de carácter anual.

A diversidade de situacións, necesidades e modalidades de traballo exixe contar con distintos mecanismos, que se poderán utilizar con distinta intensidade en función das circunstancias e necesidades de cada momento, utilizando as medidas máis adecuadas en cada caso, entendidos como fórmula alternativa aos mecanismos de flexibilidade externa e como medida de protección do emprego estable na empresa.

As fórmulas de xestión flexible do tempo de traballo que se incorporan ao convenio e que se desenvolven no presente acordo de convenio son:

• Xestión flexible dos calendarios de traballo e dos días de exceso da xornada laboral anual.

• Distribución irregular da xornada.

• Bolsa de horas.

• Réxime de desfrute do período de vacacións.

Terceiro. Calendarios de traballo

1. Aprobación do calendario.

Os horarios e o calendario laboral estableceranse de común acordo entre o comité de empresa e a dirección de cada centro, antes do inicio de cada ano natural e unha vez publicada a relación de festividades oficiais, incorporando no seguimento da planificación da actividade produtiva os comités de empresa de cada centro.

De igual modo, acórdase a posibilidade de incorporar nos calendarios de traballo ciclos de rotación distintos aos regulados no convenio para os sistemas de traballo, de común acordo entre o comité de empresa e a dirección de cada centro.

2. Modificación dos calendarios de traballo.

Para os sistemas de traballo continuos (4 quendas, 4,5 quendas e 5 quendas), que están excluídos da aplicación das medidas de flexibilidade da bolsa de horas, establécese a posibilidade de operar cos calendarios de traballo como instrumento de adaptación ás necesidades produtivas.

Co fin de conseguir unha resposta adecuada ás necesidades cambiantes da produción e o servizo, redúcese o prazo de comunicación para a modificación de calendarios a 15 días de antelación á efectividade do cambio, mantendo o mutuo acordo entre o comité de empresa e a dirección de cada centro para a súa modificación.

Cuarto. Distribución irregular da xornada diaria

1. Ámbito de aplicación.

Ambas as partes acordan a incorporación con efectos do 1 de xaneiro de 2017 da xornada irregular na xestión da xornada diaria que será aplicable á modalidade de traballo de xornada partida.

O máximo de horas de flexibilidade que se utilizarán como distribución irregular de xornada e bolsa de horas será de 90 horas anuais, ou de 11 días ou quendas a xornada completa anuais.

2. Distribución irregular da xornada diaria.

Establécese a posibilidade de incrementar ou reducir a xornada diaria ata un máximo de unha hora por día de traballo, co fin de adaptarse ás necesidades produtivas ou do servizo. A distribución irregular da xornada deberá fixarse no calendario anual de traballo.

Excepcionalmente, e en caso de necesidades xustificadas, logo de acordo co comité de empresa do centro, poderase aumentar ou reducir a xornada diaria ata un máximo de dúas horas en cómputo diario.

Na modalidade de xornada a quenda continuada manterase o actual cómputo diario de xornada.

As traballadoras e traballadores con redución de xornada por razóns de garda legal ou coidado de familiares non estarán afectados pola distribución irregular da xornada diaria.

Quinto. Bolsa de horas.

1. Contía e ámbito de aplicación.

Ambas as partes acordan a incorporación con efectos do 1 de xaneiro de 2017 dos mecanismos de flexibilidade da bolsa de horas na xestión da xornada anual, que serán aplicables ás modalidades de traballo non continuas de xornada partida, 2 quendas, 2,5 quendas, 3 quendas, 3,5 quendas.

Para xestionar as necesidades de aumentar ou reducir a produción e o servizo ao cliente, e permitir unha rápida adaptación á variabilidade na carga de traballo das seccións e negocios, cun fluxo máis tenso de produción e servizo, acórdase a aplicación dun réxime de bolsa de horas ata un máximo conxunto coa distribución irregular de xornada de 90 horas anuais ou de 11 días ou quendas de traballo a tempo completo.

2. Xestión da bolsa de horas.

A bolsa de horas xestionarase a modo dunha conta de horas de xornada, a que se incorporan horas en positivo, que xerarán un dereito de descanso retribuído en favor do traballador, e horas con signo negativo, que implicarán a obrigación para o traballador de prestar servizos polas horas ou días pendentes para cumprir coa xornada anual de traballo.

• Saldos negativos da bolsa: xéranse con redución da xornada semanal ou mensual mediante a redución de quendas de traballo e poden afectar unha ou máis quendas de traballo planificadas para un día laborable de calendario, en situacións de baixa actividade produtiva.

En xornada partida xéranse os saldos negativos para o traballador coa redución de días de traballo.

• Saldos positivos da bolsa: xéranse coa ampliación de xornada semanal ou mensual determinando como laborables días ou quendas de descanso.

Tamén poderán xerarse saldos positivos con todos ou parte dos excesos de xornada que se xeren no calendario de cada ano e que implican a determinación de días non laborables para cumprir a xornada anual.

Deste xeito, os axustes por exceso de xornada poderán non estar sinalados no calendario, xerándose un saldo positivo para o traballador polas horas equivalentes, e determinaranse os días para o seu desfrute ao longo do ano en función das necesidades produtivas.

A determinación dos días ou quendas de descanso compensatorio para compensar os saldos positivos derivados dos axustes por exceso de xornada non incorporados ao calendario anual realizarase nos días anteriores ou posteriores á fin de semana, dun día festivo ou dun día de descanso.

De igual modo, os axustes por exceso de xornada poderán estar sinalados no calendario anual e poderanse modificar por unha soa vez co prazo de antelación da bolsa de horas.

Os saldos de utilización da bolsa de horas compútanse unha soa vez, por incorporación con saldo positivo ou negativo na bolsa de horas, e non se computan novamente cando se compensan os saldos de horas.

• A xestión dos saldos realizarase por quendas nunha sección ou ben por unidades de traballo dentro da quenda, entendidas como aquelas que poden realizar unha actividade con autonomía.

3. Aviso previo para a bolsa de horas.

Establécese como aviso previo o xoves da semana anterior para determinar días non laborables de descanso na semana seguinte, coincidindo coa planificación da actividade da semana seguinte nos negocios.

A determinación dos días ou quendas de descanso compensatorio para compensar os saldos positivos derivados dos axustes por exceso de xornada non incorporados ao calendario anual ou da bolsa de horas realizarase nos días anteriores ou posteriores á fin de semana, dun día festivo ou dun día de descanso.

En caso de establecerse días ou quendas de traballo adicionais con cargo á bolsa, a empresa deberá, con carácter previo á súa execución, avisar previamente os afectados e o comité de empresa cun mínimo de cinco días de antelación, é dicir, o aviso previo mínimo será do xoves da semana anterior antes das 14.00 horas para traballo desde o martes seguinte.

4. Límites máximos de utilización da bolsa de horas.

A ampliación ou redución de xornada ordinaria con cargo á bolsa de horas realizarase nos días laborables de cada sistema de traballo, e poderanse sinalar ata un máximo de cinco sábados anuais en quenda de mañá por traballador, fóra do seu sistema de traballo, para a realización de xornada ordinaria con cargo á bolsa de horas. Os traballadores asignados á modalidade de traballo de xornada partida non realizarán xornadas de traballo con cargo á bolsa de horas en sábado.

Non se poderán traballar sábados precedidos de festivo ou día de descanso con cargo á bolsa de horas.

Non se poderán traballar máis de dous sábados de mañá con cargo á bolsa de horas en cada mensualidade, excepto nos meses de xullo e agosto, que non se poderán realizar máis de tres sábados de mañá por traballador, no conxunto dos dous meses, con cargo á bolsa de horas.

A xornada máxima semanal ordinaria non poderá exceder as 49 horas semanais nin as 200 horas mensuais.

As traballadoras e traballadores con redución de xornada por razóns de garda legal ou coidado de familiares estarán incluídos no réxime de aplicación da bolsa de horas e seranlles de aplicación ás ampliacións e reducións de días de traballo da súa quenda, equipo ou sección que se realicen en días laborables, tendo os cinco días de ampliación de traballo en sábado de mañá, fóra da súa semana laborable, carácter voluntario para este colectivo.

5. Réxime de compensación.

• Os días por ampliación ou redución realizados en día ordinario de traballo de luns a venres compensaranse polo tempo equivalente, é dicir, hora por hora.

• Aplicarase un coeficiente de compensación en tempo do 1,50 por día realizado en sábado mañá con cargo á bolsa de horas.

Alternativamente poderase compensar en tempo equivalente (hora por hora) máis unha compensación económica de 40 euros lineal por traballador para unha xornada completa de traballo en sábado de mañá. Nos supostos de redución de xornada, a compensación aboarase de modo proporcional.

• O segundo sábado de traballo con cargo á bolsa de horas nos meses de xullo ou de agosto compensarase polo tempo equivalente traballado e adicionalmente aboarase cunha compensación económica de 60 euros lineal para unha xornada completa en sábado de mañá. Nos supostos de redución de xornada, a compensación aboarase de modo proporcional.

• Os importes de compensación polo traballo en sábado de mañá con cargo á bolsa establécense con valor final de 2017 ao iniciarse a aplicación dos instrumentos de flexibilidade a partir do 1 de xaneiro de 2017.

6. Cómputo interanual.

Establécese un máximo de 24 horas de exceso ou defecto de cómputo que se compensará no primeiro trimestre do ano seguinte se non puido ser compensado o saldo de horas no ano natural.

Para compensar estes saldos interanuais poderán sinalarse os días pendentes de desfrute ou traballo no calendario do ano seguinte, ou ben integrarse para a súa xestión na bolsa de horas, sen que neste suposto se poida ampliar a bolsa correspondente á anualidade seguinte máis aló das 90 horas ou os 11 días acordados.

7. Información e participación.

Acórdase establecer canles de información e participación dos comités de empresa na xestión e aplicación dos mecanismos de flexibilidade recollidos neste acordo.

Sexto. Vacacións

Co fin de adaptar a regulación de vacacións dos sistemas de traballo na empresa ás necesidades produtivas e de servizo, ambas as partes acordan que os traballadores asignados ás modalidades de xornada partida, 2 quendas, 3 quendas, 4 quendas, gozarán dun período mínimo de 21 días naturais de vacacións continuados en período estival, entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

O resto de días de vacacións distribuiranse ao longo do ano en función das necesidades de produción, e determinaranse preferentemente o desfrute de, polo menos, sete dos días restantes ata completar os 30 días de vacacións, nos períodos de Nadal e primeira semana de xaneiro e/ou Semana Santa.

Ambas as partes acordan unificar os importes da compensación por partir o desfrute de vacacións a 21 días en período estival, cunha valoración económica de 300 euros con valor definitivo para 2017, que se sumará ao importe do complemento de xornada de cada unha destas modalidades de quenda, rateado en doce meses, de modo que na contía do complemento de xornada de 2017 estará incluída a compensación do sistema de vacacións pactada.

Con esta compensación económica polo desfrute de vacacións para as modalidades de traballo anteriormente apuntadas elimínase a compensación de días laborables que se regulaba no artigo 20.1) do convenio colectivo para os traballadores que tivesen que gozar as vacacións fóra do período entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

O resto de sistemas de traballo continuarán co seu réxime propio de vacacións establecido no convenio colectivo.

O persoal técnico e de estrutura continuará fixando de común acordo coa empresa os seus períodos de vacacións, en función da organización do departamento como viña facendo ata a data, e non terá dereito á compensación económica establecida neste acordo, de modo que o nivel salarial anual de cada traballador compensará e absorberá esta compensación polo novo réxime de desfrute de vacacións a partir de 2017.

Sétimo. Incrementos económicos

1. Ambas as partes acordan a aplicación dun incremento salarial sobre os conceptos de nómina, fóra da antigüidade consolidada e os complementos de locomoción, do 1,725 % con efectos do 1 de xaneiro de 2014, xerando os atrasos correspondentes desde esta data.

O incremento do importe lineal do complemento de locomoción levará, como en anos anteriores, a achega ao Plan de xubilación, segundo o disposto no artigo 76 do convenio colectivo.

As táboas e conceptos salariais de 2014, unha vez incrementados no 1,725 %, manteranse vixentes ata o 31 de decembro de 2015, en liña co acordado e aplicado nos outros centros e empresas do Grupo Finsa.

Xúntanse como anexos I e II as táboas salariais aplicables nos anos 2014 e 2015, cos importes dos salarios base e as horas extraordinarias.

De igual modo, xúntase como anexo III a táboa co importe dos complementos de locomoción, que manterán os importes conxelados e estarán vixentes ata o 31 de decembro de 2016.

2. Con efectos do 1 de xaneiro de 2016 aplicarase un incremento económico sobre as táboas salariais vixentes en 31.12.2015 do 0,475 %, a excepción da antigüidade consolidada e dos complementos de locomoción, cuxo incremento lineal levará á achega ao Plan de xubilación.

Deste xeito, teranse incrementado os salarios no 2,2 % acumulado.

Xúntanse como anexos IV e V as táboas salariais cos importes dos salarios base e das horas extraordinarias por categoría profesional aplicables no ano 2016.

De igual modo, xúntanse como anexo VI os importes doutros conceptos salariais do convenio, unha vez aplicadas as porcentaxes de incremento pactados para o ano 2014 e no ano 2016.

3. Ambas as partes acordan que, dada a complexidade de abordar un proceso de cálculo e aboamento de diferenzas por atrasos de tres anualidades, o prazo máximo para o pagamento dos atrasos xerados dos anos 2014-2015 e 2016 será o 28 de febreiro de 2017.

4. Acórdase incrementar o importe dos complementos de xornada, con efectos do 1 de xaneiro de 2016, na porcentaxe en que se incrementan as táboas salariais, pactándose un incremento adicional para os complementos dos sistemas de continuidade con traballo en fin de semana, festivos e noites, así como aqueles ligados á incorporación de mecanismos que garanten a adaptabilidade e flexibilidade da xornada, que terán os importes mensuais seguintes para o ano 2016.

Complementos de xornada:

Modalidade

Importe

Traballo

Mes 2016

5 quendas

430 euros

4,5 quendas

415 euros

4 quendas

310 euros

2 con 3 quendas

290 euros

3 quendas

155 euros

3,5 quendas

245 euros

2,5 quendas

245 euros

2 quendas

125 euros

Xornada partida

125 euros

A nocturnidade a partir do 1 de xaneiro do ano 2016 increméntase ata o 30 % do importe do salario base por cada xornada nocturna.

Este incremento adicional nos complementos de xornada afectará exclusivamente o persoal que recibe as súas retribucións a convenio e non se aplicará ao persoal a nivel, cuxo incremento económico será do 0,475 % sobre o importe do nivel salarial anual de 2015, para o que se realizará a reordenación de conceptos salariais de nómina necesaria para garantir o incremento anual do nivel nun 0,475 %.

5. Así mesmo, acórdase aplicar un incremento económico igual á porcentaxe de variación anual do IPC do ano 2016, cuxo dato definitivo é o 1,6 %.

O devandito incremento aplicarase sobre as táboas salariais vixentes en 31.12.2016, a excepción da antigüidade consolidada e dos complementos de locomoción, cuxo incremento lineal levará á achega ao Plan de xubilación.

O incremento salarial pactado realizarase o 31 de marzo de 2017 e tomará efectos desde o día 1 de xaneiro de 2017, xerándose o correspondente pagamento de atrasos aos traballadores.

6. O importe da mellora social regulado no artigo 47 do convenio (vale comida) para xornada partida terá un importe de 7 euros, como importe único para todo o ano, facendo a media do maior importe que se viña aboando en período estival, que se incrementará con efectos do 1 de febreiro de 2017.

Oitavo. Importe de complementos de xornada 2017

A partir do 1 de xaneiro de 2017, os sistemas de xornada partida, 2 quendas, 3 quendas e 4 quendas, incorporarían no importe do complemento de xornada as compensacións derivadas do seu sistema de traballo, referidas a desfrute de vacacións e mecanismos de flexibilidade, de modo que no importe do complemento de xornada se incorpora a retribución asociada ao sistema de traballo.

Para o dito efecto, ambas as partes acordan ratear mensualmente os 300 euros anuais pactados como compensación do novo réxime de desfrute de vacacións, pactados con valor definitivo do ano 2017, que supoñerá sumar unha contía de 25 euros mensuais ao importe do complemento de xornada de 2017 das modalidades de traballo a que se refire o punto anterior.

No réxime de catro quendas incluiranse adicionalmente os 25 euros da compensación de vacacións, a retribución compensatoria polos festivos que se aboan á quenda que coincide en descanso, regulado no artigo 42.1) do convenio, con cuxo valor se fará a media entre catro quendas e aboarase rateado mensualmente no complemento de xornada, quedando por tanto sen efecto esta disposición de convenio a partir do 1 de xaneiro de 2017.

De igual forma, incorpóranse incrementos económicos para o sistema de traballo continuado de catro e medio e cinco quendas, e os sistemas non continuos de xornada partida, dúas quendas e tres quendas, quedando establecidos os importes mensuais do complemento de xornada para o inicio do ano 2017.

Complementos de xornada:

Modalidade

Importe

Traballo

Mes 2017

5 quendas

445 euros

4,5 quendas

420 euros

4 quendas

370 euros

2 con 3 quendas

290 euros

3 quendas

185 euros

3,5 quendas

245 euros

2,5 quendas

245 euros

2 quendas

155 euros

Xornada partida

155 euros

Este incremento nos complementos de quenda afectará exclusivamente o persoal con retribución a convenio e non afectará o persoal a nivel, que unicamente verá incrementada a súa retribución no ano 2017 na porcentaxe do IPC do ano 2016, sobre o importe anual do nivel salarial recoñecido individualmente, mediante a oportuna reestruturación dos conceptos salariais da nómina deste colectivo.

Noveno. Continuidade da negociación colectiva

Debido a que o presente acordo parcial de convenio ten o carácter de acordo de mínimos para pechar de maneira definitiva o convenio colectivo ata o ano 2016, a negociación colectiva continuará aberta no ano 2017, durante o cal a mesa negociadora abordará as materias referidas nos antecedentes desta acta e, en particular, continuarase negociando sobre o crecemento dos salarios para o ano 2017 e sucesivos, e o afondamento sobre as medidas de flexibilidade na xestión de xornada nos distintos sistemas de traballo.

Décimo. Designación da comisión paritaria de convenio

Ambas as partes acordan designar como integrantes da comisión paritaria do convenio regulada no artigo 5 do convenio colectivo as persoas seguintes:

En representación da parte sindical:

1. Álvaro Lois Fernández (UGT).

2. José Otero Casal (UGT).

3. Marcos Vázquez Garrido (UGT).

4. Jesús Mª Fernández Rodríguez (CC OO).

5. Víctor Rubianes César (CC OO).

6. Mario González Dávila (CC OO).

7. Ricardo Figueira Rodríguez (USO).

8. Rubén Cao Rodríguez (USO).

En representación da empresa:

1. Xosé M. Mera Iglesias.

2. Daniel Noya Miramontes.

3. Gonzalo Machado Domínguez.

4. José Manuel Sánchez Expósito.

5. Marco A. Díaz López.

6. Mª Luz Cachafeiro García.

7. Modesto Vázquez Vilares.

8. Ramón Vázquez Lista.

Ambas as partes poderán nomear e revogar as persoas designadas, sen máis trámite que a notificación por escrito ao secretario da comisión paritaria, quen o poñerá en coñecemento do presidente.

Décimo primeiro. Solución extraxudicial de conflitos

De conformidade co disposto no artigo 85.3 do Estatuto dos traballadores (Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro), ambas as partes acordan que para resolver as discrepancias que poidan xurdir no seo da comisión paritaria e aquelas derivadas da non aplicación das condicións de traballo a que se refire o artigo 82.3 do Estatuto dos traballadores, se someterán ao establecido no Acordo interprofesional galego de solución extraxudicial de conflitos de traballo, subscrito o 30 de abril de 2013 (DOG do 24 de maio).

E, en proba de conformidade, ratificando en todos os seus aspectos a presente acta, os asistentes asinan no lugar e data arriba indicados.

ANEXO I
Táboa salarial dos anos 2014-2015 do convenio
Finsa para as fábricas de Galicia

Categorías

Salario base

mes

Salario base

día

Salario base

ano

Persoal fabricación 

Peón

994,62

32,72

14.396,80

Peón especialista

1.002,61

32,94

14.493,60

Capataz de peóns

1.022,80

33,62

14.792,80

Axudante

1.022,80

33,62

14.792,80

Oficial segunda

1.055,42

34,69

15.263,60

Oficial primeira

1.125,53

37,00

16.280,00

Xefe de equipo

1.330,10

43,73

19.241,20

Xefe de quenda

1.362,60

44,81

19.716,40

Encargado de sección

1.394,99

45,88

20.187,20

Persoal mantemento

Aprendiz

775,28

25,50

11.220,00

Oficial de terceira

1.076,21

35,40

15.576,00

Oficial de segunda

1.159,04

38,10

16.764,00

Oficial de primeira

1.266,91

41,68

18.339,20

Xefe de equipo

1.458,82

48,00

21.120,00

Xefe de taller

1.853,21

60,91

26.800,40

Xefe de mantemento

2.052,93

67,50

29.700,00

Persoal coxeración

Axudante de operador

1.076,21

35,40

15.576,00

Operador de planta

1.159,04

38,10

16.764,00

Técnico especialista

1.266,91

41,68

18.339,20

Encargado de planta

1.853,21

60,91

26.800,40

Persoal subalterno

Almaceneiro/ordenanza

1.021,71

33,58

14.775,20

Chofer turismo

1.067,06

35,06

15.426,40

Condutor mecánico

1.131,57

37,22

16.376,80

Persoal administrativo

Aspirante

906,94

29,81

13.116,40

Auxiliar/telefonista

1.020,68

33,58

14.775,20

Oficial de segunda

1.193,43

39,20

17.248,00

Oficial de primeira

1.316,74

43,29

19.047,60

Xefe

1.470,14

48,32

21.260,80

Xefe administrativo

1.787,67

58,79

25.867,60

Persoal técnico

Analista

1.021,71

33,58

14.775,20

Delineante

1.192,64

39,19

17.243,60

ATS

1.192,64

39,19

17.243,60

Perito

1.344,16

44,18

19.439,20

Técnico proxectista

1.368,62

44,97

19.786,80

Licenciado/enxeñeiro

1.787,67

58,79

25.867,60

ANEXO II
Táboa de horas extra anos 2014-2015 do convenio
de Finsa para as fábricas de Galicia

Categorías

Horas

exceso

Horas

extra

Horas

fest./noct.

Persoal fabricación

Peón

8,26

13,31

15,22

Peón especialista

8,31

13,44

15,35

Capataz de peóns

8,48

13,60

15,57

Axudante

8,48

13,60

15,57

Oficial segunda

8,75

14,23

16,19

Oficial primeira

9,33

15,21

17,38

Xefe de equipo

11,03

17,61

20,10

Xefe de quenda

11,31

18,01

20,64

Encargado de sección

11,58

18,51

21,12

Persoal mantemento 

Aprendiz

6,43

9,93

11,34

Oficial de terceira

8,93

14,24

16,29

Oficial de segunda

9,61

15,40

17,65

Oficial de primeira

10,52

17,03

19,48

Xefe de equipo

12,11

19,82

22,67

Xefe de taller

15,37

24,92

28,53

Xefe de mantemento

17,03

28,15

32,16

Persoal coxeración

Axudante de operador

8,93

14,24

16,29

Operador de planta

9,61

15,40

17,65

Técnico especialista

10,52

17,03

19,48

Encargado de planta

15,37

24,92

28,53

Persoal subalterno

Almaceneiro/ordenanza

8,47

13,58

15,52

Chofer turismo

8,85

14,36

16,44

Condutor mecánico

9,39

15,57

17,79

Persoal administrativo

Aspirante

7,52

11,69

13,37

Auxiliar/telefonista

8,47

13,28

15,20

Oficial de segunda

9,89

15,65

17,91

Oficial de primeira

10,92

17,46

19,99

Xefe

12,19

19,57

22,43

Xefe administrativo

14,83

23,93

27,35

Persoal técnico

Analista

8,47

13,25

15,10

Delineante

9,89

15,65

17,91

ATS

-

-

-

Perito

11,15

17,72

20,27

Técnico proxectista

11,35

18,10

20,74

Licenciado/enxeñeiro

14,83

23,93

27,35

ANEXO III
Táboa de complemento de locomoción anos 2014-2016 do
convenio Finsa rateada en doce meses

Categorías

Xornada

partida

2 quendas e

2 e media

3 quendas e

3 e media

4 quendas e

continuidade

Persoal fabricación

Peón

37,51

49,01

50,50

52,46

Peón especialista

37,51

49,10

50,60

52,56

Capataz de peóns

37,62

49,45

50,99

52,97

Axudante

37,62

49,45

50,99

52,97

Oficial segunda

37,75

50,02

51,61

53,58

Oficial primeira

37,79

50,73

52,30

54,26

Xefe de equipo

38,50

53,92

55,68

57,60

Xefe de quenda

38,52

54,27

56,05

58,02

Encargado de sección

38,53

54,62

56,38

58,34

Persoal mantemento

Aprendiz

36,78

45,76

47,08

49,04

Oficial de terceira

37,75

50,20

51,75

53,85

Oficial de segunda

37,96

51,39

53,04

55,00

Oficial de primeira

38,32

52,99

54,73

56,70

Xefe de equipo

38,75

55,58

57,41

59,37

Xefe de taller

39,89

61,25

63,39

65,35

Xefe de mantemento

40,54

64,21

66,52

68,49

Persoal coxeración

Axudante de operador

37,75

50,20

51,75

53,85

Operador de planta

37,96

51,39

53,04

55,00

Técnico especialista

38,32

52,99

54,73

56,70

Encargado de planta

39,89

61,25

63,39

65,35

Persoal subalterno

Almaceneiro/ordenanza

37,58

49,38

50,88

52,84

Chofer turismo

37,64

50,00

51,54

53,52

Condutor mecánico

37,89

51,01

52,65

54,62

Persoal administrativo

Aspirante

37,07

-

-

-

Auxiliar/telefonista

37,57

-

-

-

Oficial de segunda

38,02

-

-

-

Oficial de primeira

38,35

-

-

-

Xefe

38,83

-

-

-

Xefe administrativo

39,86

-

-

-

Persoal técnico

Analista

37,58

-

-

-

Delineante

38,02

-

-

-

ATS

-

-

-

-

Perito

38,45

-

-

-

Técnico proxectista

38,45

-

-

-

Licenciado/enxeñeiro

39,86

-

-

-

ANEXO IV
Táboa salarial do ano 2016 do convenio
Finsa para as fábricas de Galicia

Categorías

Salario base

mes

Salario base

día

Salario base

ano

Persoal fabricación

Peón

999,34

32,88

14.467,20

Peón especialista

1.007,37

33,10

14.564,00

Capataz de peóns

1.027,66

33,78

14.863,20

Axudante

1.027,66

33,78

14.863,20

Oficial segunda

1.060,43

34,85

15.334,00

Oficial primeira

1.130,88

37,18

16.359,20

Xefe de equipo

1.336,42

43,94

19.333,60

Xefe de quenda

1.369,07

45,02

19.808,80

Encargado de sección

1.401,62

46,10

20.284,00

Persoal mantemento

Aprendiz

778,96

25,62

11.272,80

Oficial de terceira

1.081,32

35,57

15.650,80

Oficial de segunda

1.164,55

38,28

16.843,20

Oficial de primeira

1.272,93

41,88

18.427,20

Xefe de equipo

1.465,75

48,23

21.221,20

Xefe de taller

1.862,01

61,20

26.928,00

Xefe de mantemento

2.062,68

67,82

29.840,80

Persoal coxeración

Axudante de operador

1.081,32

35,57

15.650,80

Operador de planta

1.164,55

38,28

16.843,20

Técnico especialista

1.272,93

41,88

18.427,20

Encargado de planta

1.862,01

61,20

26.928,00

Persoal subalterno 

Almaceneiro/ordenanza

1.026,56

33,74

14.845,60

Chofer turismo

1.072,13

35,23

15.501,20

Condutor mecánico

1.136,94

37,40

16.456,00

Persoal administrativo

Aspirante

911,25

29,95

13.178,00

Auxiliar/telefonista

1.025,53

33,74

14.845,60

Oficial de segunda

1.199,10

39,39

17.331,60

Oficial de primeira

1.322,99

43,50

19.140,00

Xefe

1.477,12

48,55

21.362,00

Xefe administrativo

1.796,16

59,07

25.990,80

Persoal técnico

Analista

1.026,56

33,74

14.845,60

Delineante

1.198,31

39,38

17.327,20

ATS

1.198,31

39,38

17.327,20

Perito

1.350,54

44,39

19.531,60

Técnico proxectista

1.375,12

45,18

19.879,20

Licenciado/enxeñeiro

1.796,16

59,07

25.990,80

ANEXO V
Táboa de horas extra do ano 2016 do convenio
de Finsa para as fábricas de Galicia

Categorías

Horas

exceso

Horas

extra

Horas

fest./noct.

Persoal fabricación

Peón

8,30

13,37

15,29

Peón especialista

8,35

13,50

15,42

Capataz de peóns

8,52

13,66

15,64

Axudante

8,52

13,66

15,64

Oficial segunda

8,79

14,30

16,27

Oficial primeira

9,38

15,28

17,46

Xefe de equipo

11,09

17,69

20,20

Xefe de quenda

11,36

18,10

20,74

Encargado de sección

11,63

18,60

21,22

Persoal mantemento

Aprendiz

6,46

9,98

11,39

Oficial de terceira

8,97

14,31

16,37

Oficial de segunda

9,66

15,47

17,73

Oficial de primeira

10,57

17,11

19,57

Xefe de equipo

12,17

19,91

22,78

Xefe de taller

15,44

25,04

28,67

Xefe de mantemento

17,11

28,28

32,31

Persoal coxeración

Axudante de operador

8,97

14,31

16,37

Operador de planta

9,66

15,47

17,73

Técnico especialista

10,57

17,11

19,57

Encargado de planta

15,44

25,04

28,67

Persoal subalterno

Almaceneiro/ordenanza

8,51

13,64

15,59

Chofer turismo

8,89

14,43

16,52

Condutor mecánico

9,44

15,64

17,87

Persoal administrativo

Aspirante

7,56

11,75

13,43

Auxiliar/telefonista

8,51

13,34

15,27

Oficial de segunda

9,94

15,72

18,00

Oficial de primeira

10,97

17,54

20,08

Xefe

12,25

19,66

22,54

Xefe administrativo

14,90

24,04

27,48

Persoal técnico

Analista

8,51

13,31

15,17

Delineante

9,94

15,72

18,00

ATS

-

-

-

Perito

11,20

17,80

20,37

Técnico proxectista

11,40

18,19

20,84

Licenciado/enxeñeiro

14,90

24,04

27,48

ANEXO VI
Incremento outros conceptos de convenio

1. Achega lineal ao Plan de xubilación do complemento de locomoción (artigo 76.b):

Anualidade

Importe mensual

2014-2015

37,02 euros

2016

37,42 euros

2. Traballo en Nadal (artigo 19.4). Importes anos 2014 e 2015:

Días

Mañá

Tarde

Noite

24 de decembro

-

43,95

153,76

25 de decembro

131,82

153,76

43,95

31 de decembro

-

43.95

153,76

1 de xaneiro

153,76

131,82

43,95

Importes ano 2016:

Días

Mañá

Tarde

Noite

24 de decembro

-

44,16

154,49

25 de decembro

132,45

154,49

44,16

31 de decembro

-

44,16

154,49

1 de xaneiro

154,49

132,45

44,16

3. Complemento de continuidade de produción (artigo 38):

Anualidade

Importe mensual

2014-2015

44,76 euros

2016

44,97 euros

4. Bolsa de vacacións serradoiro e redución vacacións a 14 días no período estival (sistemas de 2,5 e 3,5 + serradoiro) (artigo 20):

Anualidade

Bolsa serradoiro

Redución a 14 días

2014-2015

205,36 euros

513,42 euros

2016

206,34 euros

515,86 euros

5. Complemento compensación transporte (centros de Padrón e Rábade) (artigo 49):

Anualidade

Importe mensual

2014-2015

20,95 euros

2016

21,05 euros

6. Importe mensual complemento especialidade mantemento (artigo 39):

Categorías

Anos 2014-2015

Ano 2016

Oficial 1ª e 2ª

295,45

296,85

Oficial 3ª

196,96

197,90