Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15190

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2016.

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 15.4 da Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2016, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da devandita orde para o ano 2016.

Obxecto da axuda: as axudas teñen como obxecto subvencionar as accións de fomento da prevención de riscos laborais en Galicia recollidas no artigo 5 da orde de referencia que establece como actuacións subvencionables as seguintes:

Na liña 1: cun importe total de 300.000 euros, programas de formación intersectorial en materia de prevención de riscos laborais de ámbito galego.

Na liña 2: cun importe total de 1.190.000 euros, outras accións de formación sectorial e de fomento da prevención de riscos laborais que deberán estar incluídas na seguinte relación:

Liña 2.1. De formación:

• Destinadas a formación sectorial en materia de prevención de riscos laborais dirixida a persoas traballadoras e en situación de desemprego, a delegados e delegadas de prevención, a recursos preventivos e persoas traballadoras designadas que asuman con medios propios a actividade preventiva da empresa.

Liña 2.2. Estudos e traballos técnicos relacionados coa seguridade e saúde laboral.

Liña 2.3. Accións de difusión, sensibilización e intercambio de experiencias (conferencias, xornadas, seminarios e publicacións):

• Liña 2.3.1. Gabinetes técnicos de difusión normativa e técnica, en relación coa Lei de prevención de riscos laborais e normativa de desenvolvemento.

• Liña 2.3.2. Actividades divulgativas de sensibilización para investimento específico en prevención de riscos laborais e/ou de intercambio de experiencias e boas prácticas en seguridade e saúde laboral.

• Liña 2.3.3. Elaboración de materiais e ferramentas prácticas para implantar actuacións en seguridade e saúde laboral.

Norma reguladora: Orde do 29 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 248, do 30 de decembro).

Crédito orzamentario: 1.490.000 € (un millón catrocentos noventa mil euros) recollido na aplicación orzamentaria 09.40.324A.481.1 código de proxecto 2015 00507, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO
TR852A Entidades beneficiarias 2016

Núm. expediente

Entidade

NIF

Importe proposto

TR 852A/1

Confederación Intersindical Galega (CIG)

G36706927

94.355,00

TR 852A/2

Federación Galega de Parques Empresariais de Galicia (Fegape)

V15650369

48.567,46

TR 852A/4

Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (Atave)

G32005837

1.800,00

TR 852A/5

Federación Gallega de Comercio

G27170158

55.000,00

TR 852A/7

Federación Galega de Asociacións Empresariais e Profesionais de Transporte-Fegatrans

G32400293

32.167,40

TR 852A/8

Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia-APE Galicia

G36550630

16.850,00

TR 852A/9

Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia-Asime

G36614774

21.750,00

TR 852A/11

Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo-APEC Lugo

G27010081

20.000,00

TR 852A/12

Federación Galega de Redeiras Artesas O Peirao

G15969868

2.740,00

TR 852A/13

Asociación de Empresarios de Transportes Discrecionales de Mercancías de Pontevedra-Asetranspo

G36627719

22.165,00

TR 852A/14

Asociación Galega de Áridos-AGA

G36345718

51.367,94

TR 852A/15

Asociación de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo

G27030915

3.615,00

TR 852A/17

Asociación de Empresas e Expertos de Seguridade-Aesga

G36748093

9.760,00

TR 852A/18

Unións Agrarias

G15115322

56.934,00

TR 852A/19

Opaga-Organización de Produtores Artesanales de Galicia

G70004692

16.000,00

TR 852A/20

Ageinco-Asociación Gallega de Empresas de Ingeniería, Consultoría y Servicios Tecnológicos

G36942720

1.697,92

TR 852A/21

Asociación Cluster del Granito

G36644961

20.119,28

TR 852A/22

ATA Galicia-Asociación de Traballadores por Conta Propia

G15812811

22.250,00

TR 852A/23

Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra

G36615219

8.550,00

TR 852A/24

Confederación Empresarial de Ourense

G32012742

40.512,39

TR 852A/25

Fegatramer-Federación Gallega de Transportes de Mercancías

G15086358

12.527,65

TR 852A/26

CSI-F-Galicia Central Sindical Independente de Funcionarios

G70228713

40.560,40

TR 852A/27

Sindicato Labrego Galego

G27023951

32.520,00

TR 852A/28

Fearmaga-Federación Empresarial de Aserradores y Rematantes de Maderas de Galicia

V36639284

21.535,00

TR 852A/29

Federación Galega de Autoescolas

V27103175

7.080,00

TR 852A/30

Fegapesca-Federación Empresarial Gallega de Productores de Pesca

G27780360

75.000,00

TR 852A/31

Asociación Provincial de Graniteiros

G32297145

14.000,00

TR 852A/32

CEG-Confederación de Empresarios de Galicia

G15080476

151.676,68

TR 852A/36

ACO-Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Ourense

G32015828

38.950,00

TR 852A/37

FES-UGT

G80957376

84.325,00

TR 852A/39

UGT-Galicia

G15383011

119.460,00

TR 852A/41

Fundación Laboral de la Construcción

G80468416

56.831,65

TR 852A/42

Asociación de Instaladores Eléctricos y de Telecomunicaciones de la Provincia de Ourense-Instalectro

G32111155

13.940,48

TR 852A/43

Fundamar-Fundación para la Pesca y Marisqueo

G27745397

59.700

TR 852A/44

Asextra-Asociación de Excavadores y Transportistas de Pontevedra

G36972321

11.025,20

TR 852A/45

Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo

G27021005

19.861,60

TR 852A/46

Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra

G36614907

7.649,29

TR 852A/48

Confederación de Empresarios de A Coruña

G15029960

25.000

TR 852A/51

Transgacar-Federación Galega de Asociacións de Transportes de Viaxeiros en Autocar de Galicia

G15640808

10.371,15

Total liñas I e II

1.348.215,49