Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15306

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Corcubión

EDICTO (52/2015).

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Corcubión, 14 de decembro de 2016

Xuíza: Carmen Pose Amado.

Procedemento: xuízo ordinario 52/2015.

Demandante: Miguel A. Fernández López.

Procurador: Sr . Leis Espasandín.

Letrado: Sr. Fernández López.

Demandados: María Soledad García Lema e Juan Antonio Tajes Fernández.

Obxecto: reclamación de contía.

Resolución:

Coa aceptación da demanda interposta pólo procurador Sr. Espasandín, na representación de Miguel A. Fernández López, contra María Soledad García Lema e Juan Antonio Tajes Fernández, condeno os demandados, solidariamente, a pagarlle ao demandante a contía de 6.814,85 euros, cos xuros legais desde a presentación da demanda, o 9.2.2015, e os procesuais desde a sentenza; así como ao pagamento das custas procesuais.

Modo de impugnación: recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación desta sentenza, mediante escrito presentado ante este xulgado.

Para interpor o recurso será necesaria a constitución de depósito de 50 euros para a súa admisión a trámite. O depósito constitúese consignando o importe na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado e a seguir deberao acreditar ao interpor o recurso (disposición adicional 15ª da LOPX), excepto os declarados exentos nesa disposición e os que teñan recoñecido o dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Así, por esta sentenza en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, como consecuencia do paradoiro ignorado do demandado Juan Antonio Tajes Fernández, expídese este edicto para que lle sirva de cédula de notificación.

Corcubión, 7 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza