Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2017 Páx. 15305

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (107/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 107/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Amancio Rodríguez Rugido contra Transportes Manuel Rial, S.L., se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Ter por desistido a Amancio Rodríguez Rugido da súa demanda de reclamación de cantidade contra Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Transportes Manuel Rial, S.L.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Manuel Rial, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza