Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2017 Páx. 15000

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (31/2016).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 31/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Samuel Cartagena Cavina contra Bernardo Lozano Herbas, Exclusivas Abber, S.C., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou auto cuxa parte dispositiva di:

Acordar a nulidade de actuacións e repoñer estas ao momento de ditar sentenza, tras a celebración do xuízo o 18 de enero de 2017.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún, sen prexuízo do que, se é caso, proceda fronte á resolución definitiva que se dite.

Así o acorda e asina, Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Exclusivas Abber, S.C., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza