Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2017 Páx. 15001

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (31/2016).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 31/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Samuel Cartagena Cavina contra Bernardo Lozano Herbas, Exclusivas Abber, S.C., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

Considérase que Samuel Cartagena Cavina desiste da demanda promovida fronte á entidade Exclusivas Abber, S.C.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Samuel Cartagena Cavina contra o empresario individual Bernardo González Herbas e, en consecuencia, debo condenar e condeno o empresario individual Bernardo González Herbas a que lle aboe ao demandante a cantidade de 8.629,37 € brutos por salarios devindicados entre decembro de 2014 e setembro de 2015, incluíndo a paga extra de xullo de 2015, incrementada no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ante este xulgado.

Así, por esta miña sentenza, pronúnciao, mándao e asínao a maxistrada xuíza deste xulgado Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Exclusivas Abber, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza