Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2017 Páx. 14930

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 23 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017 (SI427A).

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2017, a través da Resolución do 23 de decembro de 2016 (DOG núm. 11, do 17 de xaneiro), subvencións destinadas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para levar a cabo programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade que respondan a algún dos seguintes tipos:

a) Programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes con fillas ou fillos menores de tres anos, en situación de especial vulnerabilidade.

b) Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada para mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas subvencións ten un cofinanciamento do 80 % dos fondos FSE no programa operativo de Galicia 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Resolución do 23 de decembro de 2016; no punto 3 deste mesmo artigo determínase a documentación que se xuntará ao anexo da solicitude. Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita resolución de convocatoria por parte do órgano encargado da instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 9 da citada resolución establece, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente requirirá a entidade solicitante para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015.

Así mesmo, tamén se indica que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da indicada Lei 39/2015, os citados requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.

De acordo co establecido no artigo 7.2 da Resolución do 23 de decembro de 2016, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.

Polo exposto,

DISPOÑO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, conforme se establece nesta resolución. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.gal ou do teléfono indicado no artigo 22 da resolución de convocatoria (981 54 53 69).

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2017

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO
Relación de solicitudes suxeitas a emenda

Núm. de expte.

Solicitante

NIF

Documentación que se require

2017/000001-0

Alar Galicia

G15775901

1. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (1.720 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

2017/000002-0

Asociación de Viúvas María Andrea

G32014334

1. Aclaración sobre o período de desenvolvemento do programa, xa que o indicado no anexo III está fóra do período subvencionable.
2. Nos anexos IV presentados non se indicou o período de dedicación ao programa dentro do período subvencionable dos/das profesionais, polo que deberán presentar novos anexos IV nos cales conste o dito período e nos cales, se é o caso, se compute exclusivamente o número total de horas de traballo efectivo dentro do período subvencionable.
3. No caso de que as correccións dos aspectos indicados nos puntos anteriores afecten o gasto subvencionable e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000003-0

ONG Mestura

G15940414

1. Anexo II (o presentado está sen asinar).

2. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (1.720 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

3. Para os efectos de valoración, deberán presentar unha aclaración sobre a localización territorial do programa e relacionar os concellos onde se van desenvolver as actuacións (no anexo III indicaron comarcas e parroquias, non os concellos).

2017/000004-0

Fundación Érguete Integración

G36861078

1. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (1.935 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

2017/000005-0

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia-Fademur Galicia

G70101647

1. Certificación orixinal da secretaria da entidade, conformada pola persoa asinante da solicitude, acreditativa das asociacións e federacións integradas, especificando respecto de cada unha delas a denominación, o NIF e o número de socias e socios (a certificación presentada non se axusta ao exixido polo artigo 7.3.c) da convocatoria).
2. Para os efectos de valoración, deberán presentar unha aclaración sobre a localización territorial do programa e relacionar os concellos onde se van desenvolver as actuacións.
3. O cálculo do gasto subvencionable segundo horas de traballo efectivo está mal efectuado no anexo III, dado que non está realizado segundo o custo unitario/hora establecido na convocatoria (19,62 euros/hora); polo tanto, a contía solicitada (o 100 % do gasto subvencionable) pode verse afectada por este erro, polo que no caso de realizar unha rectificación, deberán presentar un escrito que indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000007-0

Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense-Femuro

G32237869

1. Para os efectos de valoración, deberán presentar unha aclaración sobre a localización territorial do programa e relacionar os concellos onde se van desenvolver as actuacións (no anexo III indicaron comarcas, non os concellos).

2017/000008-0

Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home

G15258213

1. Anexo II debidamente cuberto en todos os seus puntos (no presentado non consta a contía solicitada).
2. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (645 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

2017/000009-0

Asociación pola Igualdade e a Coeducación-Apico

G94088549

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que as indicadas nos anexos I e II non son coincidentes.

2017/000010-0

Congregación Siervas de la Pasión

R0800086A

1. Anexo II (no presentado non está asinado o visto e prace).
2. No anexo IV inclúense tarefas no desenvolvemento de actividades non subvencionables (actividades de lecer), polo que deberán presentar un novo anexo IV en que se indiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa, tendo en conta os servizos e actividades subvencionables establecidos no artigo 5.3 da convocatoria e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas e computar exclusivamente as dedicadas a estas tarefas.
3. No caso de que a corrección do aspecto indicado no punto 2 anterior afecte o gasto subvencionable e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000011-0

Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña

G27262799

1. No anexo IV non se describen de forma concreta as funcións e tarefas encomendadas e inclúense tarefas de carácter administrativo, que non son gastos directos de persoal, polo que deberán presentar un novo anexo IV en que se especifiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas e computar exclusivamente as dedicadas a estas tarefas.
2. No caso de que a corrección do aspecto indicado no punto 1 anterior afecte o gasto subvencionable e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000012-0

Acción Familiar Ferrol

G15745466

1. Anexo II (o presentado está sen asinar).
2. Aclaración sobre o/s colectivo/s de mulleres a que vai dirixido o programa de acordo coa disposición adicional única da convocatoria, xa que non se especificaron no anexo III.
3. Nos anexos IV presentados inclúense tarefas de carácter administrativo, que non son gastos directos de persoal, polo que deberán presentar novos anexos IV en que se especifiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas e computar exclusivamente as dedicadas a estas tarefas.
4. No caso de que a corrección do aspecto indicado no punto 3 anterior afecte o gasto subvencionable e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000013-0

Asociación de Ayuda a la Vida- Ayuvi

G36802536

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que as indicadas nos anexos I e II non son coincidentes.

2. Para os efectos de valoración, deberán presentar unha aclaración sobre a localización territorial do programa e relacionar os concellos onde se van desenvolver as actuacións (no anexo III non indicaron todos os concellos).

3. Anexo IV (o presentado está sen asinar pola representante legal).

2017/000014-0

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

1. No anexo III figura como representante unha persoa distinta á que o asina, polo que deberán aclarar a dita circunstancia.

2. Para os efectos de valoración, deberán presentar unha aclaración sobre a localización territorial do programa e relacionar os concellos onde se van desenvolver as actuacións.

3. O anexo IV correspondente ao posto de asesor xurídico non está asinado polo representante legal da entidade e o resto dos anexos IV están asinados por unha persoa distinta á representante legal, polo que deberán presentar novos anexos IV debidamente asinados polas persoas traballadoras e polo representante legal da entidade.

2017/000015-0

Asociación Mirabal

G70312954

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que as indicadas nos anexos I e II non son coincidentes.

2. Anexo III: o perfil e relación dos/das profesionais indicados/as no anexo III non coincide coas fichas individualizadas dos/das profesionais (anexos IV) enviadas e o número de horas totais indicadas (774 horas) non coincide coa suma das horas dos/das profesionais consignadas nos anexos IV (616 horas), polo que deberán presentar unha aclaración ou unha corrección ao respecto.

3. Anexos IV: non se describen de forma concreta as funcións e tarefas de cada profesional (agás na correspondente á terapeuta ocupacional) e as tarefas de coordinación e dirección non son gastos directos de persoal, polo que deberán presentar novos anexos IV nos cales se especifiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas e computar exclusivamente as dedicadas a estas tarefas. Para a correcta emenda destes anexos deberán ter en conta ademais o indicado no punto 2 anterior.

4. Dado que unha das profesionais está vinculada coa entidade (representante legal), deberán solicitar a autorización do órgano concedente para poder levar a cabo a dita subcontratación e indicar os motivos que a xustifican e se se realiza de acordo coas condicións normais do mercado (artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia).

2017/000016-0

CIMO Entidade Prestadora de Servizos

G32010449

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade, xa que esta é distinta á designada no RUEPSS.

2017/000019-0

Asociación Puntodelas-Secretaría das Mulleres

G70370119

1. Memoria complementaria onde se concreten e describan de forma precisa as actuacións que se levan a cabo no desenvolvemento de cada un dos servizos que compoñen o programa, xa que no anexo III presentado están descritas de forma moi xenérica. Para os efectos de valoración, esta memoria deberá incluír a localización territorial do programa e relacionar os concellos onde se van desenvolver as actuacións (no anexo III indicaron comarcas, non os concellos).

2. O número de horas totais indicadas no anexo III (2.550 horas) non coincide coa suma das horas das profesionais consignadas nos anexos IV (4.090 horas).

3. Nos anexos IV inclúense tarefas de coordinación, que non son gastos directos de persoal, polo que deberán presentar novos anexos IV en que se especifiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas e computar exclusivamente as dedicadas a estas tarefas. Para a correcta emenda destes anexos deberán ter en conta ademais o indicado no punto 2 anterior.

4. No caso de que as correccións dos aspectos indicados nos puntos anteriores afecten o gasto subvencionable e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000020-0

Asociación Síndrome de Down Teima de Ferrol

G15458060

1. Anexo II debidamente cuberto.

2. Nos anexos IV presentados non se indicou o número total das horas de traballo efectivo de cada unha das profesionais e inclúense tarefas de adaptación/selección materiais e avaliación resultados, que non son gastos directos de persoal, polo que deberán presentar novos anexos IV en que se compute o número total de horas dedicadas á atención a usuarias e se describan as funcións e tarefas encomendadas no desenvolvemento do programa en relación coa dita atención. Para a correcta emenda destes anexos deberán ter en conta ademais que a suma das horas indicadas nos anexos IV deberá coincidir co número de horas totais declaradas pola entidade no anexo III.

2017/000023-0

Asociación Íntegro para a Diversidade Funcional das Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra

G15173263

1. Anexo II debidamente cuberto en todas as súas epígrafes (no presentado non consta a contía solicitada e figura como secretario da entidade o seu presidente).

2. O cálculo do gasto subvencionable segundo horas de traballo efectivo está mal efectuado no anexo III e o gasto en publicidade excede o límite do 7 %; polo tanto, a contía solicitada (o 100 % do gasto subvencionable) pode verse afectada por este erro, polo que no caso de realizar unha rectificación, deberán presentar un escrito que indique claramente a contía do gasto subvencionable e da contía solicitada. Para a correcta emenda deste aspecto deberán ter en conta ademais o indicado no punto 3 seguinte.

3. No anexo IV correspondente ao posto de traballo de formadora ocupacional inclúense tarefas auxiliares, que non son gastos directos de persoal, polo que deberán presentar novo anexo IV en que se especifiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas e computar exclusivamente as dedicadas a estas tarefas.

4. Certificados acreditativos da coordinación, colaboración e cooperación indicados no anexo III e que non se xuntaron coa solicitude.

2017/000024-0

Asociación Menthor

G94151602

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

2. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa asinante da solicitude para actuar en nome da entidade no caso de que se atribúa a persoa distinta á designada no RUEPSS.

3. Anexo II debidamente cuberto en todas as súas epígrafes (no presentado a contía solicitada non coincide coa indicada no anexo I e non está asinado o visto e prace).

4. Anexo III: o período de desenvolvemento do programa excede o período subvencionable establecido no artigo 5.3 da convocatoria e non se relacionan os concellos en que se van realizar as actuacións, polo que deberán presentar unha aclaración e/ou corrección sobre estes dous aspectos.

5. Anexos IV: o período de dedicación ao programa excede o período subvencionable establecido no artigo 5.3 da convocatoria e non están asinados pola persoa representante da entidade, polo que deberán presentar novos anexos IV debidamente asinados e nos cales exclusivamente se compute o número total de horas de traballo efectivo dentro do período subvencionable de cada unha das profesionais.

6. No caso de que as correccións dos aspectos indicados nos puntos 4 e 5 anteriores afecten o gasto subvencionable e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000025-0

Asociación Cultural Os Tres Reinos

G32345274

1. Anexo III: aclaración sobre cada unha das epígrafes en que remiten á memoria complementaria, xa que esta excede o tamaño establecido no artigo 7.3.i) da convocatoria; o número total de horas indicado na epígrafe «gasto subvencionable» está mal cuberto, polo que deberán presentar unha aclaración que recolla, seguindo o cadro do anexo III, o gasto subvencionable do programa.

2. Anexos IV: o número total de horas non está no formato exixido e na ficha correspondente á traballadora social inclúense tarefas de coordinación, que non son gastos directos de persoal, polo que deberán presentar novos anexos IV en que se especifiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa e nos cales se computen as horas de traballo efectivo exclusivamente as dedicadas a estas tarefas e no formato exixido (horas:minutos).

2017/000026-0

Betania de Jesús Nazareno

R1500247J

1. Memoria complementaria en que se relacionen e describan de forma precisa as actuacións que compoñen o programa tendo en conta as actuacións subvencionables establecidas no artigo 5.3 da convocatoria; así mesmo, deberán concretar as actuacións correspondentes ás epígrafes e) e f) do artigo 5.3.

2017/000027-0

Asociación Viraventos

G70136429

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa asinante da solicitude para actuar en nome da entidade, xa que esta é distinta á persoa designada no RUEPSS.

2. No anexo IV inclúense tarefas de avaliación e seguimento do proxecto, que non son gastos directos de persoal, polo que deberán presentar un novo anexo IV en que se especifiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas computando exclusivamente as dedicadas a estas tarefas.

3. No caso de que a corrección do aspecto indicado no punto 2 anterior afecte o gasto subvencionable e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000028-0

Aliad-Ultreia

G27021120

1. Anexo II debidamente cuberto en todas as súas epígrafes (no presentado non consta a contía solicitada).

2. Anexos IV: nas fichas 5 (avogado) e 6 (psicóloga) está mal temporalizado o período de dedicación ao programa, polo que deberán presentar as fichas correspondentes a estes dous postos de traballo e corrixir este erro.

2017/000029-0

Asociación Redmadre Coruña

G70180229

1. Anexo II debidamente cuberto (no presentado figura como secretaria da entidade a súa presidenta).

2. No anexo IV presentado inclúense tarefas non vinculadas coa atención a usuarias, polo que deberán presentar un novo anexo IV en que se especifiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas e computar exclusivamente as dedicadas a estas tarefas.

3. No caso de que a corrección do aspecto indicado no punto 2 anterior afecte o gasto subvencionable e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000030-0

Down Pontevedra Xuntos, Asociación Síndrome de Down

G36164887

1. Anexo II debidamente cuberto en todas as súas epígrafes (no presentado non consta a contía solicitada).

2. Memoria complementaria onde se concreten e describan de forma precisa as actuacións que se levan a cabo no desenvolvemento de cada un dos servizos que compoñen o programa, xa que tanto no anexo III como na memoria complementaria presentados están descritas de forma moi xenérica. Esta memoria tamén deberá incluír o perfil e relación dos/das profesionais que van participar directamente na execución do programa, xa que no anexo III non se cubriu este dato.

2017/000031-0

ONG Ecos do Sur

G15354483

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa asinante da solicitude para actuar en nome da entidade, xa que esta é distinta á persoa designada no RUEPSS.

2. Aclaración sobre o número e perfil dos/das profesionais adscritos/as ao programa, xa que o número de profesionais relacionados/as no anexo III non coincide coas fichas individualizadas dos/das profesionais (anexos IV) presentadas.

2017/000032-0

Asociación Diagnosticadas de Cancro de

Mama-Adicam

G36380301

1. Aclaración sobre a localización territorial do programa e relación dos concellos onde se van desenvolver as actuacións.

2. No anexo IV presentado non se indicaron nin o número total de horas de traballo efectivo nin o período de dedicación ao programa dentro do período subvencionable da traballadora social, polo que deberán presentar un novo anexo IV e corrixir estes aspectos.

2017/000033-0

Fundación Ronsel

G15752660

1. Anexo II debidamente cuberto (no presentado figura como secretario da entidade o seu presidente).
2. Anexo III: o período de desenvolvemento do programa excede o período subvencionable establecido no artigo 5.3 da convocatoria e o/s colectivo/s de mulleres a que vai dirixido o programa non se axustan ao establecido na disposición adicional única da convocatoria, polo que deberán presentar unha aclaración e/ou corrección sobre estes aspectos.
3. Anexos IV: o período de dedicación ao programa excede o período subvencionable establecido no artigo 5.3 da convocatoria, o tipo de vinculación non se corresponde co dato que se exixe, non se describen de forma concreta as tarefas e funcións de cada profesional e as funcións do posto de traballo de dirección (difusión) non son gastos directos de persoal, polo que deberán presentar novos anexos IV debidamente cubertos e nos cales exclusivamente se compute o número total de horas de traballo efectivo dentro do período subvencionable de cada un dos profesionais dedicadas á atención a usuarias.
4. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (645 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.
5. No caso de que as correccións dos aspectos indicados nos puntos 2, 3 e 4 anteriores afecten o gasto subvencionable e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000035-0

Asociación Xarela Formación Animación

G32261307

1. Memoria complementaria onde se concreten e describan de forma precisa as actuacións que se levan a cabo no desenvolvemento de cada un dos servizos que compoñen o programa, xa que no anexo III presentado están descritas de forma moi xenérica. Esta memoria tamén deberá incluír unha aclaración sobre o/s colectivo/s de mulleres a que vai dirixido o programa de acordo coa disposición adicional única da convocatoria, xa que non se especificaron no anexo III.
2. No anexo IV correspondente á educadora social/responsable do programa inclúense tarefas de difusión, administrativas e de avaliación, que non son gastos directos de persoal, polo que deberán presentar un novo anexo IV en que se especifiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas e computar exclusivamente as dedicadas a estas tarefas.
3. No caso de que a corrección do aspecto indicado no punto 2 anterior afecte o gasto subvencionable e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000038-0

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela

G27441153

1. Anexo III: o período de desenvolvemento do programa excede o período subvencionable establecido no artigo 5.3 da convocatoria e non se relacionan os concellos onde se van desenvolver as actuacións, polo que deberán presentar unha aclaración e/ou corrección sobre estes aspectos.

2017/000039-0

Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia-Feafes Galicia

G15545353

1. No anexo IV presentado correspondente ao posto de traballo coordinador/pedagogo inclúense tarefas de coordinación, que non son gastos directos de persoal, polo que deberán presentar un novo anexo IV en que se especifiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas e computar exclusivamente as dedicadas a estas tarefas.
2. No caso de que as correccións dos aspectos indicados no punto 1 anterior afecten o gasto subvencionable e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000041-0

Cáritas Diocesana Tui-Vigo

R3600368I

1. Para os efectos de valoración, deberán presentar unha aclaración sobre a localización territorial do programa e relacionar os concellos onde se van desenvolver as actuacións.

2017/000042-0

Asociación E-Deidades para a Integración Social e Laboral da Muller

G27431873

1. Para os efectos de valoración, deberán presentar unha aclaración sobre a localización territorial do programa e relacionar os concellos onde se van desenvolver as actuacións.
2. Anexos IV (un por cada profesional que vaia participar directamente na execución do programa).

2017/000043-0

Asociación Pro Saúde Mental A Creba

G15476310

1. Para os efectos de valoración, deberán presentar unha aclaración sobre a localización territorial do programa e relacionar os concellos onde se van desenvolver as actuacións.
2. Anexo IV correspondente á técnica de integración laboral (no presentado é ilexible o número de horas).

2017/000046-0

Unión Xeral de Traballadores de Galicia-UGT Galicia

G15383011

1. Memoria complementaria en que se relacionen e describan de forma precisa as actuacións que compoñen o programa tendo en conta as actuacións subvencionables establecidas no artigo 5.3 da convocatoria. Para os efectos de valoración, esta memoria tamén deberá incluír a localización territorial do programa e relacionar os concellos onde se van desenvolver as actuacións, así como o gasto subvencionable, xa que o número de horas totais de traballo efectivo dedicadas ao programa indicadas no anexo III non está no formato exixido (horas:minutos).
2. Anexo IV: o número total de horas da profesional adscrita ao programa non está no formato exixido, polo que deberán presentar un novo anexo e corrixir este aspecto.

2017/000047-0

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia-FAXPG

G15068091

1. Memoria complementaria onde se relacionen e describan de forma precisa as actuacións que compoñen o programa, xa que tanto no anexo III como na memoria complementaria están descritas de forma moi concisa.

2017/000048-0

Acadar. Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia

G70223417

1. Anexo IV: a ficha da traballadora social inclúe tarefas de coordinación, que non son gastos directos de persoal, polo que deberán presentar un novo anexo IV en que se especifiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas e computar exclusivamente as dedicadas a estas tarefas.
2. No caso de que as correccións dos aspectos indicados no punto 1 anterior afecten o gasto subvencionable e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000049-0

Asociación Redmadre Ourense

G32394082

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que as indicadas nos anexos I e II non son coincidentes.

2017/000050-0

Asociación Educando en Familia

G27437581

1. Aclaración sobre a denominación do programa (as indicadas nos anexos I, II e III non son coincidentes) e sobre
o/os colectivo/s de mulleres a que vai dirixido, xa que solicitan a axuda para un programa de recursos integrais para mulleres xestantes ou lactantes e no anexo III constan outros colectivos.

2017/000052-0

Andaina Pro Saúde Mental

G70264999

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que as indicadas nos anexos I e II non son coincidentes.

2. No anexo II indicou que se trata dunha entidade de 2º nivel, polo que deberá presentar unha aclaración ao respecto e, se é o caso, a certificación establecida no artigo 7.3.c) da convocatoria.

3. Para os efectos de valoración, deberán presentar unha aclaración sobre a localización territorial do programa e relacionar os concellos onde se van desenvolver as actuacións (non os concellos de que proceden as usuarias).

4. O perfil e relación dos/das profesionais indicados/as no anexo III non coincide coas fichas individualizadas dos/das profesionais (anexos IV) enviadas, polo que deberán presentar unha aclaración ou corrección ao respecto.

5. Anexos IV: as fichas das profesionais inclúen tarefas de coordinación, estudo, avalización, etc. que non son gastos directos de persoal, polo que deberán presentar novos anexos IV en que se especifiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas e computar exclusivamente as dedicadas a estas tarefas. Para a correcta emenda destes anexos deberán ter en conta ademais o indicado no punto 4 anterior.

6. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (1.720 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

7. No caso de que as correccións dos aspectos indicados nos puntos 5 e 6 anteriores afecten o gasto subvencionable e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000053-0

Asociación Nós Mesmas

G27718907

1. Anexo II debidamente cuberto e asinado (no presentado figura como secretaria da entidade a súa presidenta e non está asinado o visto e prace).

2. No anexo IV presentado inclúense tarefas de elaboración de materiais, que non son gastos directos de persoal, polo que deberán presentar novo anexo IV en que se especifiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas e computar exclusivamente as dedicadas a estas tarefas.

3. No caso de que as correccións dos aspectos indicados no punto 2 anterior afecten o gasto subvencionable e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000054-0

Asociación Ámbar das Persoas con Diversidade Funcional

G15052434

1. Anexo II (o presentado está sen asinar).

2017/000055-0

Acción Laboral

V09409749

1. Acreditación de que a entidade ten domicilio social ou delegación en Galicia (artigo 4.1.b).
2. Anexo II debidamente asinado (no presentado non está asinado o visto e prace).
3. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente, agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.
4. Anexos IV: nas fichas 1 e 2 inclúense tarefas de elaboración e supervisión de contidos, que non son gastos directos de persoal, polo que deberán presentar novos anexos IV destas profesionais nos cales se especifiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas e computar exclusivamente as dedicadas a estas tarefas. Por outro lado, as horas de traballo efectivo dedicadas ao programa do posto de coordinación (ficha número 3), cuxas tarefas consisten na coordinación e supervisión do programa, non son gastos directos de persoal, polo que non poden ser computadas para os efectos de calcular o gasto subvencionable.
5. No caso de que as correccións dos aspetos indicados nos puntos 3 e 4 anteriores afecten o gasto subvencionable e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000056-0

Asociación de Mulleres Anel

G32207516

1. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (1.118 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.
2. Nos anexos IV presentados inclúense tarefas de coordinación, organización, elaboración de materiais, etc., que non son gastos directos de persoal, polo que deberán presentar novos anexos IV en que se especifiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas e computar exclusivamente as dedicadas a estas tarefas.
3. No caso de que as correccións dos aspectos indicados nos puntos 1 e 2 anteriores afecten o gasto subvencionable e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000057-0

Asociación de Amigos da Cultura e do Ocio Aires Nosos

G32369696

1. Para os efectos de valoración, deberán presentar unha aclaración sobre a localización territorial do programa e relacionar os concellos onde se van desenvolver as actuacións.
2. Anexos IV (un por cada profesional que vaia participar directamente na execución do programa).

2017/000058-0

Asociación Antonio Noche

G15210388

1. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (645 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

2017/000059-0

Auxilia Delegación Lugo

G08317059

1. Anexo II debidamente cuberto (no presentado non consta contía solicitada).

2017/000061-0

Asociación Amicos

G15747678

1. Anexo III: o número de horas totais indicadas (2.575 horas) non coincide coa suma das horas das profesionais consignadas nos anexos IV (2.270 horas), polo que deberán presentar unha aclaración ou unha corrección ao respecto.
2. O número de mulleres participantes indicado é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (1.720 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

2017/000062-0

Federación EFA Galicia

G15299357

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
2. Certificación orixinal do secretario da entidade, conformada pola persoa asinante da solicitude, acreditativa das asociacións e federacións integradas, en que especifique, respecto de cada unha delas, a denominación, o NIF e o número de socias e socios.
3. O perfil e relación dos/das profesionais indicados/as no anexo III non coincide coas fichas individualizadas dos/das profesionais (anexos IV) enviadas, polo que deberán aclarar esta circunstancia.

2017/000064-0

Asociación Labregas

G15945686

1. Memoria complementaria onde se concreten e describan de forma precisa as actuacións que se levan a cabo no desenvolvemento de cada un dos servizos que compoñen o programa, xa que no anexo III presentado están descritas de forma moi xenérica. Para os efectos de valoración, esta memoria deberá incluír a localización territorial do programa e relacionar os concellos onde se van desenvolver as actuacións (no anexo III indicaron comarcas, non os concellos).
2. O número de horas totais indicadas no anexo III (2.549 horas) non coincide coa suma das horas das profesionais consignadas nos anexos IV (4.115 horas), polo que deberán presentar unha aclaración ou unha corrección ao respecto.
3. Nos anexos IV inclúense tarefas de coordinación, que non son gastos directos de persoal, polo que deberán presentar novos anexos IV en que se especifiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas e computar exclusivamente as dedicadas a estas tarefas. Para a correcta emenda destes anexos deberán ter en conta ademais o indicado no punto 2 anterior.
4. No caso de que as correccións dos aspectos indicados nos puntos anteriores afecten o gasto subvencionable
e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000066-0

Asociación Diversidades

G27783950

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que as indicadas nos anexos I e II non son coincidentes.
2. No anexo IV correspondente ao posto coordinadora/orientadora inclúense tarefas de coordinación, que non son gastos directos de persoal, polo que deberá presentar novo anexo IV en que se especifiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas e computar exclusivamente as dedicadas a estas tarefas.
3. No caso de que a corrección indicada no punto 2 anterior afecte o gasto subvencionable e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000067-0

Peca-s Asociación para la Prevención y Estudio de Conductas Adictivas

G32470270

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

2017/000068-0

Federación Alzheimer Galicia

G15656739

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

2. Escrito en que se indique a qué persoa (solicitante ou representante) se deben realizar as notificacións electrónicas, dado que non o indicaron no anexo I.

3. Anexo II debidamente asinado (no presentado falta o visto e prace).

4. Anexo III: o perfil e relación dos/das profesionais indicados/as non coincide coas fichas individualizadas dos/das profesionais (anexos IV) enviadas nin se indicaron o número de horas totais de traballo efectivo no recadro do gasto subvencionable, polo que deberán presentar unha aclaración ou unha corrección ao respecto.

5. O anexo IV presentado non está asinado polo representante legal da entidade e inclúense tarefas de elaboración de documentación, que non son gastos directos de persoal, polo que deberán presentar novo anexo IV, debidamente asinado, no que se especifiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas e computar exclusivamente as dedicadas a estas tarefas.

2017/000069-0

Institución Benéfico Social Padre Rubinos

G15074743

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

2. Anexo III: o perfil e relación dos/das profesionais indicados/as no anexo III non coincide coas fichas individualizadas dos/das profesionais (anexos IV) enviadas e o número de horas totais indicadas (2038:45 horas) non coincide coa suma das horas dos/das profesionais consignadas nos anexos IV (2.231 horas), polo que deberán presentar unha aclaración ou unha corrección ao respecto.

3. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (645 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

4. Nos anexos IV correspondentes á integradora social e á educadora social inclúense tarefas de deseño e rexistro de actuacións, que non son gastos directos de persoal, polo que deberán presentar novos anexos IV en que se especifiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas e computar exclusivamente as dedicadas a estas tarefas.

5. No caso de que as correccións dos aspectos indicados nos puntos 2, 3 e 4 anteriores afecten o gasto subvencionable e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000070-0

Radio Ecca Fundación Canaria

G35103431

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que as indicadas nos anexos I e II non son coincidentes.

2. Anexo II debidamente asinado (no presentado falta o visto e prace). Deben ter en conta ademais o indicado no punto 1 anterior.

3. Anexo III: na epígrafe «Relación das actuacións que compoñen o programa» remiten á memoria complementaria, pero esta non relaciona e describe as ditas actuacións encadrándoas dentro dalgún dos tipos establecidos no artigo 5.3 da convocatoria; o perfil e relación dos/das profesionais indicados/as non coincide coas fichas individualizadas dos/das profesionais (anexos IV) enviadas; no recadro do gasto subvencionable o número de horas totais de traballo non está no formato exixido. Polo tanto, deberán presentar unha memoria complementaria en que se emenden todas e cada unha destas incidencias.

4. Anexos IV: non se describen de forma concreta as funcións e tarefas de cada profesional e as tarefas de dirección, coordinación e xestión económica do programa non son gastos directos de persoal, polo que as horas de traballo dedicadas ás ditas tarefas (posto de dirección e administrativo) non son computables para o cálculo do gasto subvencionable; polo tanto, deberán presentar novos anexos IV correspondentes aos/ás profesionais adscritos/as ao programa que vaian desenvolver tarefas vinculadas coa atención directa a usuarias e describir de forma concreta as ditas tarefas de atención e computar exclusivamente as horas dedicadas a estas tarefas. Para a correcta emenda destes anexos deberán ter en conta, ademais, o indicado no punto 3 anterior.

5. No caso de que as correccións dos aspectos indicados nos puntos 3 e 4 anteriores afecten o gasto subvencionable e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000071-0

Asociación Patronato Concepción Arenal

G15030372

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade, xa que esta é distinta á designada no RUEPSS.

2017/000072-0

Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo

G27712306

1. Memoria complementaria onde se relacionen e describan de forma precisa as actuacións que compoñen o programa, xa que no anexo III están descritas de forma moi concisa. Para os efectos de valoración, esta memoria tamén deberá incluír unha relación dos concellos onde se van desenvolver as actuacións, xa que non se concretaron no anexo III.

2. Anexos IV: as tarefas de elaboración de contidos (os dous postos de psicóloga) e as tarefas de coordinación e auxiliares (posto de administrativa) non son gastos directos de persoal, polo que as horas de traballo dedicadas ás ditas tarefas non son computables para o cálculo do gasto subvencionable; polo tanto, deberán presentar novos anexos IV correspondentes aos/ás profesionais adscritos/as ao programa que vaian desenvolver tarefas vinculadas coa atención directa a usuarias e describir de forma concreta as ditas tarefas de atención e computar exclusivamente as horas dedicadas a estas tarefas.

3. No caso de que as correccións dos aspectos indicados no punto 2 anterior afecten o gasto subvencionable e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000073-0

Asociación Síndrome de Down Coruña

G15731466

1. Anexos IV: as tarefas de planificación, execución e seguimento do proxecto (posto de psicóloga) e as tarefas de coordinación do proxecto (posto de directora de programas) non son gastos directos de persoal, polo que as horas de traballo dedicadas ás ditas tarefas non son computables para o cálculo do gasto subvencionable; polo tanto, deberán presentar novos anexos IV correspondentes aos/ás profesionais adscritos/as ao programa que vaian desenvolver tarefas vinculadas coa atención directa a usuarias, describir de forma concreta as ditas tarefas de atención e computar exclusivamente as horas dedicadas a estas tarefas.

2. No caso de que as correccións dos aspectos indicados no punto 1 anterior afecten o gasto subvencionable e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.

2017/000074-0

Fundación Cume para el Desarrollo de Culturas y Pueblos

G36797579

1. Anexo II.

2. Memoria complementaria onde se relacionen e describan de forma precisa as actuacións que compoñen o programa, xa que no anexo III están descritas de forma moi concisa. Esta memoria tamén deberá incluír unha aclaración sobre o/os colectivo/s de mulleres a que vai dirixido o programa de acordo coa disposición adicional única da convocatoria.

3. Anexos IV dos/das profesionais adscritos/as ao programa que vaian desenvolver tarefas vinculadas coa atención directa a usuarias, describir de forma concreta as ditas tarefas de atención e computar exclusivamente as horas dedicadas a estas tarefas.

2017/000075-0

Valoresc

G70377585

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

2. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade, xa que esta é distinta á designada no RUEPSS.

3. Anexo II.

4. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (1.720 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

5. Anexos IV dos/das profesionais adscritos/as ao programa que vaian desenvolver tarefas vinculadas coa atención directa a usuarias, describir de forma concreta as ditas tarefas de atención e computar exclusivamente as horas dedicadas a estas tarefas.

2017/000076-0

Fundación Venancio Salcines

G70480231

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

2. Memoria descritiva do programa que recolla todos e cada unha das epígrafes do anexo III, xa que a presentada está en branco.

3. Anexos IV dos/das profesionais adscritos/as ao programa que vaian desenvolver tarefas vinculadas coa atención directa a usuarias, describir de forma concreta as ditas tarefas de atención e computar exclusivamente as horas dedicadas a estas tarefas.

2017/000077-0

Asociación de Coaching para el Desarrollo Social y Comunitario Daleth

G70480595

1. Anexo II debidamente asinado (no presentado falta o visto e prace).

2. O número de horas totais indicadas no anexo III (645 horas) non coincide coa suma das horas dos/das profesionais consignadas nos anexos IV (602 horas), polo que deberán presentar unha aclaración ou unha corrección ao respecto.

3. Anexos IV: as fichas correspondentes aos dous postos de traballo de experta en coaching inclúen tarefas de dirección e coordinación, que non son gastos directos de persoal, polo que deberán presentar novos anexos IV correspondentes a estas dúas profesionais, debidamente asinados, e nos cales se especifiquen as tarefas de atención a usuarias no desenvolvemento do programa e, se é o caso, modificar o número de horas declaradas e computar exclusivamente as dedicadas a estas tarefas. Para a correcta emenda destes anexos deberán ter en conta ademais o indicado no punto 2 anterior.

2017/000078-0

Asociación de Axuda á Integración Social Contigo

G27482280

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

2. Anexo II.

3. Anexo III: o período de desenvolvemento do programa excede o período subvencionable establecido no artigo 5.3 da convocatoria e remiten a unha memoria complementaria que non foi presentada; polo tanto, deberán presentar unha memoria en que se relacionen e describan de forma precisa as actuacións que compoñen o programa dentro do período subvencionable. Esta memoria tamén deberá incluír unha aclaración sobre o/s colectivo/s de mulleres a que vai dirixido o programa de acordo coa disposición adicional única da convocatoria.

4. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas que ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable reducirase proporcionalmente (1.290 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

5. Anexos IV dos/das profesionais adscritos/as ao programa que vaian desenvolver tarefas vinculadas coa atención directa a usuarias, describir de forma concreta as ditas tarefas de atención e computar exclusivamente as horas dedicadas a estas tarefas dentro do período subvencionable.

6. No caso de que as correccións dos aspectos indicados nos puntos anteriores afecten o gasto subvencionable
e/ou a contía solicitada, deberán presentar un escrito en que se indique claramente a contía do gasto subvencionable segundo o número de horas totais polo custo unitario hora e a contía solicitada.