Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2017 Páx. 14808

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (25/2015).

Modificación de medidas con relación fillos ext. sup. co. 25/2015

Procedemento orixe: 25/2016

Sobre modificación de medidas

Interveniente, demandante: Ministerio Fiscal, Josefa Ferrero Cantero

Procuradora: Sofía Doldán de Cáceres

Avogada: Carlota Mariño Vázquez

Demandado: Ramón Fernández Ruibal

Eu, Raquel Romero Iglesias, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa, polo presente anuncio:

Que no presente procedemento seguido por instancia de Josefa Ferrero Cantero fronte a Ramón Fernández Ruibal ditou sentenza a xuíza Marta Elena García Liébana o 8 de novembro de 2016, cuxa resolución é a seguinte:

Sentenza número 174/16

«Fallo que estimo a demanda presentada pola procuradora Sofía Doldán de Cáceres, en nome e representación de Josefa Ferrero Cantero e acordo a modificación das medidas adoptadas na sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Caldas de Reis o 18 de marzo de 2013, nos autos de divorcio de mutuo acordo número 354/2012 nos seguintes termos:

1. A atribución en exclusiva a favor da nai Josefa Ferrero Cantero da garda e custodia da súa filla menor Nadia.

2. En concepto de pensión de alimentos para a filla menor Nadia, Ramón Fernández Ruibal deberá de aboar a cantidade mensual de 150 euros, dentro dos cinco primeiros días de cada mes. A dita cantidade actualizarase o primeiro de xaneiro de cada ano con base no IPC que estableza o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa. A dita cantidade será ingresada na conta corrente que designe a nai. Así mesmo, ambos os proxenitores satisfarán a metade dos gastos extraordinarios do fillo menor.

3. En canto ao réxime de comunicación e visitas do demandado con Nadia, será o seguinte, sempre que non supoña un prexuízo ou trastorno nos hábitos da menor, nin traslados fóra do territorio da provincia de Pontevedra: o proxenitor non custodio poderá comunicarse todos os días da semana coa súa filla, fóra do horario escolar e en hora prudente, sen alterar os seus hábitos diarios nin as súas actividades. Ramón Fernández poderá estar en compañía da súa filla unha tarde á semana comunicándoo o día anterior. Mantense o réxime de vacacións establecido na epígrafe B), punto primeiro, do convenio xuridicamente aprobado.

Todo iso sen expresa condena en custas a ningunha das partes.

Contra esta sentenza poderá interpoñerse recurso de apelación no prazo de vinte días seguintes ao da súa notificación.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E atopándose o devandito demandado, Ramón Fernández Ruibal, en situación de rebeldía procesual e en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vilagarcía de Arousa, 8 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza