Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2017 Páx. 14810

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 207/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 207/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Surribas Fernández contra a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.L., sobre ordinario, ditouse a resolución en que se acorda:

Declarar ao executado Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.L. en situación de insolvencia por importe de 3.990,35 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 7 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza