Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14339

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (590/2016).

Eu, Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente edicto anuncio que no procedemento de separación contenciosa seguido por instancia de Margarita Fachal Pereiro fronte a Juan Jesús Vales García ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza 96/2017.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2017

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial o presente xuízo de separación contenciosa número 590/2016 promovido pola procuradora Sra. Sánchez Silva en nome e representación de Margarita Fachal Pereiro, asistida do letrado Sr. Muniozguren Martínez, fronte a Juan Jesús Vales García, maior de idade, sinalado en autos declarado en rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal, en representación de filla menor de idade habida no matrimonio.

Decido que, estimando substancialmente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Sánchez Silva en nome e representación de Margarita Fachal Pereiro, asistida do letrado Sr. Muniozguren Martínez, fronte a Juan Jesús Vales García, maior de idade, sinalado en autos declarado en rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal, en representación de filla menor de idade habida no matrimonio, procede declarar a separación do matrimonio contraído por ambos os litigantes o 10 de setembro de 1983 en Lestedo, Boqueixón, inscrito ao tomo 17, páxina 187, do Rexistro Civil desa cidade, e as seguintes medidas definitivas:

1º. Atribución á demandante da garda e custodia sobre a filla menor de idade habida en común dada a acreditación de adecuados coidados e atención á menor en exclusiva pola demandante nos últimos dous anos cando menos.

A procedencia de acordar de xeito preventivo conforme os artigos 2 da LOPM 1/1996 e 158.6 do Código civil, en interese da menor, a atribución á demandante do exercicio exclusivo da patria potestade en materias médicas educativas de obtención-renovación de DNI e pasaporte, domicilio, empadroamento e análogas.

2º. Atribución á demandante e filla común do uso do domicilio conxugal.

3º. Ausencia de fixación de todo réxime de estadías e comunicacións do proxenitor en canto non inste o demandado unha demanda de modificación de medidas definitivas.

4º. Pensión de alimentos a cargo do demandado a favor da filla común de 200 euros/mes que se aboarán nos cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria que designe a demandante con actualización anual conforme a variación precedente do IPC na data do 1 de xaneiro de cada ano.

A referida pensión de alimentos terá eficacia retroactiva á data 20 de abril de 2016, data de interposición da demanda.

5º. Aboamento por metade dos gastos extraordinarios da menor e ademais da metade dos gastos de material escolar e de compra de lentes, referidos na demanda, e os consecutivos acreditados documentalmente da vista.

Firme que sexa a presente resolución, remítanse os preceptivos oficios e exhortos para realizar as obrigadas anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Coruña (artigos 458 ss. e 776 Lei de axuizamento civil), logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou, no día da data; dou fe».

E encontrándose o devandito demandado, Juan Jesús Vales García, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza