Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2017 Páx. 14342

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (578/2016).

DSP. Despedimento/cesamentos en xeral 578/2016

Procedemento orixe sobre despedimento

Demandante: Lorena Fernández Lozano

Avogado: Jesús Ángel Vázquez Forno

Demandados: Chocolatería Santa Catalina, S.L., Germán Rodríguez Conchado, Fondo de Garantía Salarial, Chocolatería Carballesa, S.L.

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 578/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Fernández Lozano contra Chocolatería Santa Catalina, S.L., Germán Rodríguez Conchado e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou auto en que se resolve recurso de reposición, cuxa parte dispositiva di:

Desestimo o recurso de reposición formulado por Chocolaterías Coruñesas, S.L. contra a dilixencia de ordenación do 12 de xaneiro de 2017, que confirmo en todos os seus pronunciamentos.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso. Así o acorda e asina S.Sª. Dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Chocolatería Santa Catalina, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza