Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14102

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do Plan especial de protección e reforma interior (PEPRI) do núcleo histórico de Ourense para permitir a execución do proxecto de rehabilitación do Museo Arqueolóxico de Ourense (expediente de planeamento urbanístico 2016011234).

Anúnciase que a Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 23 de febreiro de 2017, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«37.- Aprobación inicial da modificación puntual do PEPRI do casco histórico de Ourense para permitir a execución do proxecto de rehabilitación do Museo Arqueolóxico de Ourense. Expediente planeamento urbanístico: 2016011234.

A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta, por unanimidade dos asistentes (10 votos a favor), acordou:

1º) Asumir como propio o documento técnico presentado polo Goberno de España - Ministerio de Educación, Cultura e Deporte - Secretaría de Estado de Cultura - Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos para a modificación puntual que se está a tramitar.

2º) Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan especial de protección e reforma interior do casco histórico de Ourense para permitir a execución do proxecto de rehabilitación do Museo Arqueolóxico de Ourense redactado por Alejandro Virseda Aizpún, Ignacio Vila Almazán, José Jaraíz Pérez y Arbau Arquitectos, S.L.P. UTE.

3º) Someter o expediente a información pública polo prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no DOG e nun dos diarios de maior difusión da provincia. Así mesmo, publicarase na sede electrónica municipal a realización deste trámite.

4º) Proceder á notificación individualizada deste acordo aos propietarios catastrais dos terreos afectados polo presente instrumento de planeamento. E

5º) Solicitar os informes sectoriais que sexan preceptivos durante o trámite de información pública, neste caso da administración autonómica competente en materia de patrimonio cultural.

Réxime de recursos do acordo:

Contra este acordo, como acto de trámite que é e que non decide directa ou indirectamente o fondo do asunto, nin determina a imposibilidade de continuar o procedemento nin produce indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, non cabe a interposición de ningún recurso, sen prexuízo dos que se poidan interpor contra o acordo que poña fin ao expediente que se incoa, baseándose na nulidade ou anulabilidade deste.

Todo iso ao abeiro do disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas».

O que se fai público de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e o artigo 186.1.a) do Decreto da Xunta de Galicia 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Ourense, 8 de marzo de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde presidente