Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14104

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da delegación do Concello de Tomiño en materia de xestión de recursos locais.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria do 25 de novembro de 2016, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o Concello de Tomiño, por acordo do Pleno municipal do 28 de abril de 2016, das facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU).

A citada delegación realizaraa a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

Faise público este acordo para xeral coñecemento.

Pontevedra, 12 de decembro de 2016

María del Carmen Silva Rego
Presidenta da Deputación Provincial
de Pontevedra

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación Provincial
de Pontevedra