Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14030

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (632/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 632/2014 por instancia de Vanesa Fernández Allo contra a empresa Tercera Edad Servicios del Norte, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 21.1.2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase a demanda formulada por Vanesa Fernández Allo fronte á empresa Tercera Edad Servicios del Norte, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Tercera Edad Servicios del Norte, S.L. a aboar a Vanesa Fernández Allo a cantidade de mil cincocentos corenta e cinco euros con oitenta e oito céntimos de euro (1.545,88 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Tercera Edad Servicios del Norte, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 3 de marzo de 2017

O secretario xudicial