Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14032

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (604/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 604/2014 por instancia de Carla González Pérez contra a empresa Dacons Civil y Marítimo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, en que recaeu sentenza en data do 21 de febrero de 2017 que copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estímase a demanda formulada por Carla González Pérez fronte á empresa Dacons Civil y Marítimo, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase á empresa Dacons Civil y Marítimo, S.L. a aboar a Carla González Pérez a cantidade de oito mil trescentos setenta e oito euros con noventa e tres céntimos de euro (8.378,93 euros), percibindo os conceptos salariais o interese moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se a recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Dacons Civil y Marítimo, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 3 de marzo de 2017

A secretaria xudicial