Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2017 Páx. 14028

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (666/2016).

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza e do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos de exequátur número 666/16-P, seguidos ante este xulgado entre partes, como demandante Jenny Bouzo Saa, representada polo procurador José Fernández González e defendida polo letrado Javier Cabo Cibeira, e como demandado Óscar Alberto Confortti Boyer, e nos cales se ditou o seguinte:

Auto:

Maxistrada xuíza: María del Carmen Salvador Mateos.

En Vigo o nove de febreiro de dous mil dezasete.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Parte dispositiva:

Acordo estimar a petición de recoñecemento da resolución estranxeira exequátur, presentada polo procurador José Fernández González en nome e representación de Jenny Bouzo Saa fronte a Óscar Alberto Confortti Boyer, e debo declarar e declaro recoñecida, válida e executable en España a sentenza ditada o 9 de decembro de 2013 polo Xulgado Segundo do Municipio de Circunscrición Xudicial da Área Metropolitana de Caracas, República Bolivariana de Venezuela, declarando o divorcio.

Unha vez notificada esta resolución, anótese no rexistro civil onde conste inscrito o matrimonio.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

E encontrándose o devandito demandado, Óscar Alberto Confortti Boyer, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 16 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza