Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13591

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (ETX 24/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 24/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ana María Mariño Lens contra a empresa Luis Serafín Varela Iglesias, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Ana María Mariño Lens, contra Luis Serafín Varela Iglesias, parte executada, polo importe de 1.023,91 euros de principal e de 199,76 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ETL por demora, máis 122,36 euros de xuros e custas, sen prexuízo da posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co cal a executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puido incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á constitución do título e sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a. O/a letrado/a da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Luis Serafín Varela Iglesias, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios do órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza