Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13590

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (195/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, A Coruña, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 195/2015, por instancia de David Rey Millares contra o executado Carlos Rey Rodríguez, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 28 de febreiro de 2017 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 10.884,44 euros de principal máis 601 euros en concepto de honorarios de letrado da parte demandante, máis 1.088,40 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza