Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 13003

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO de notificación de sentenza (342/2015).

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, anuncio que no presente procedemento, seguido por instancia de Recreativos Mafari, S.A. contra Bruno André Martins Soeiro, foi ditada a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Estimando integramente a demanda interposta polo procurador Sr. Sanjuán Fernández en nome e representación da mercantil Recreativos Mafari, S.A. debo:

– Declarar resolto o contrato privado de instalación e cesión de dereito de exclusiva de máquinas recreativas asinado polas partes o 8 de outubro de 2014.

– Condenar a Bruno André Martins Soeiro a aboar á mercantil Recreativos Mafari, S.A. a suma de 3.000 euros por resolución por incumprimento contractual e devolución de prestacións.

– Condenar a Bruno André Martins Soeiro a aboar á mercantil Recreativos Mafari, S.A. en concepto de cláusula penal por incumprimento contractual a cantidade de 3.500 euros.

Todo iso con imposición das custas causadas á parte demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e comuníqueselle que contra ela cabe recurso de apelación cuxo coñecemento corresponde á Audiencia de Pontevedra e débese interpor ante este xulgado no prazo de 20 días contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así o acordo, mando e asino por a esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia».

E encontrándose o devandito demandado, Bruno André Martins Soeiro, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 9 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza,