Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 13001

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (292/2015).

Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primera Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente anuncio

No presente procedemento seguido por instancia de Recreativos Mafari, S.A. fronte a Lucopor, S.L. e Jesús Ignacio Teijeira Rodríguez ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Que, estimando integramente a demanda interposta polo procurador Sr. Sanjuan Fernández, en nome e representación da mercantil Recreativos Mafari, S.A., debo:

– Declarar resolto o contrato privado de instalación e cesión de dereito de exclusiva de máquinas recreativas asinado polas partes o 5 de outubro de 2009 e o contrato de adquisición de café en exclusiva do 9 de outubro de 2009.

– Condenar a mercantil Lucopor, S.L. e a Jesús Ignacio Teijeira Rodríguez a aboar de forma conxunta e solidaria á mercantil Recreativos Mafari, S.A. a suma de 17.000 euros por resolución por incumprimento contractual e devolución de prestacións de contrato de dereito de exclusiva de máquinas recreativas do 5 de outubro de 2009, e a devolver os bens entregados pola demandante e que figuran referenciados na factura número H01/2301 do 30 de novembro de 2009 e nos albarás de entrega dos bens H01/3870 e H01/3878 como consecuencia do incumprimento do contrato de adquisición de café en exclusiva do 9 de outubro de 2009.

– Condenar a mercantil Lucopor, S.L. e a Jesús Ignacio Teijeira Rodríguez a aboar de forma conxunta e solidaria á mercantil Recreativos Mafari, S.A., en concepto de cláusula penal por incumprimento contractual, a cantidade de 2.000 euros derivada do contrato de adquisición de café en exclusiva do 9 de outubro de 2009.

Todo iso con imposición das custas causadas á parte demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e comuníqueselle que fronte a esta cabe recurso de apelación cuxo coñecemento lle corresponde á Audiencia de Pontevedra, que se debe interpoñer ante este xulgado no prazo de 20 días contados a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia acórdoo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o devandito demandado, Lucopor, S.L., Jesús Ignacio Teijeira Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 9 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza