Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 13047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 24 de febreiro de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Veciñal de Covelas a favor dos veciños de Covelas, na parroquia de Castrelo de Cima (Santa María), no concello de Riós (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 13 de decembro de 2016, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Denominación do monte: Veciñal de Covelas.

Superficie: 130.481 m2 (aprox. 13,05 ha).

Pertenza: veciños de Covelas.

Parroquia: Castrelo de Cima (Santa María).

Concello: Riós.

1. Parcelas catastrais que conforman o monte e superficies:

Concello

Datos catastrais

Superficie en clasificación (m2)

Polígono

Parcela

Paraxe

Superficie catastral (m2)

Riós (72)

95

266

A Salgueira

841

841

211

A Rechave

10.026

10.026

98

120

Burugueiros

1.746

1.746

81

O Taboado

1.550

1.550

207

Val de Medias

57

57

99

143

Burugueiros

572

572

50

As Lagas de Arriba

569

569

291

O Torgal Rubio

776

776

289

O Torgal Rubio

780

780

290

O Torgal Rubio

5.909

5.909

100

3

Canceliña

2.496

2.496

125

155

O Herbado

11.896

11.896

149

Valongo

8.749

8.749

126

164

O Xugadoiro

3.521

3.521

170

O Xugadoiro

17.655

17.655

472

Arza

59.649

59.649

479

Arza

613

613

488

Arza

815

815

128

111

A Valiña

1.185

1.185

129

452

Vilanova

592

592

555

Os Peares

160

160

1

Os Carreiros

324

324

Superficie en clasificación

130.481 m2

13,05 ha

2. Estremas.

Para os efectos dunha definición máis clara das estremas, as parcelas continuas, sen ter en conta as vías de comunicación, agrúpanse formando coutos redondos, do que resultan trece porcións de terreo illadas entre si cos seguintes lindeiros:

1. Lindeiros da parcela 120 do polígono 98.

Norte: polígono 98, parcelas: 114 e 100.

Leste: polígono 98, parcelas: 99, 98 e 97.

Sur: polígono 98, parcelas: 85 e 119.

Oeste: polígono 98, parcelas: 118, 117 e 116.

2. Lindeiros do couto redondo formado polas parcelas 81 e 207 do polígono 98.

Norte: polígono 98, parcelas: 130, 119, 82.

Leste: polígono 98, parcelas: 9001, 208, 80, 76, 75.

Sur: polígono 98, parcelas: 74, 73, 72, 70, 71.

Oeste: polígono 98, parcelas: 131, 129, 9001, 130.

3. Lindeiros da parcela 143 do polígono 99.

Norte e leste: polígono 80, parcela 9010.

Sur e oeste: polígono 99, parcela 139 e 145.

4. Lindeiros da parcela 266 do polígono 95.

Norte: polígono 81, parcela 9006.

Leste: polígono 95, parcelas: 139, 137, 135, 133.

Sur e oeste: polígono 95, parcela 119.

5. Lindeiros da parcela 211 do polígono 95.

Norte: polígono 95, parcela 165.

Leste: polígono 95, parcelas: 76, 75, 172, 222, 220, 221, 215, 214, 213, 212.

Sur: polígono 95, parcelas: 210 e 209.

Oeste: polígono 95, parcelas: 208, 204, 203, 197, 198, 170, 169, 168, 161.

6. Lindeiros da parcela 149 do polígono 125.

Norte: polígono 95, parcela 9001.

Leste: polígono 125, parcelas 150 e 9001.

Sur: polígono 125, parcelas: 9001 e 147.

Oeste: polígono 125, parcelas: 147 e 146.

7. Lindeiros da parcela 155 do polígono 125.

Norte e oeste: polígono 125, parcelas 139 e 151.

Leste: polígono 125, parcela 147.

Sur: polígono 125, parcela 9001.

8. Lindeiros do couto redondo formado polas parcelas 164 e 170 do polígono 126.

Norte: polígono 126, parcelas: 330, 169, 167, 324 e 9007.

Leste: polígono 126, parcela 9007.

Sur: polígono 126, parcelas: 291, 290, 288, 287, 278, 292, 293.

Oeste: polígono 126, parcelas: 352, 350, 332, 166, 165, 163, 168.

9. Lindeiros do couto redondo formado polas parcelas 472, 479 e 488 do polígono 126 e a parcela 1 do polígono 129.

Norte: polígono 126, parcelas: 9004, 489, 487, 486, 484, 483, 482, 478, 477, 475, 474, 456, 457, 467, 468, 469, 470.

Leste: polígono 126, parcelas: 258, 252, 250.

Sur e oeste: polígono 126, parcelas: 9003, 9002. Polígono 129, parcelas: 9003, 9001, 2.

10. Lindeiros do couto redondo formado polas parcelas 452 e 555 do polígono 129.

Norte: polígono 128, parcela 9008.

Leste: polígono 129, parcela 461.

Sur: polígono 129, parcelas: 454, 453, 441.

Oeste: polígono 129, parcela 451.

11. Lindeiros da parcela 111 do polígono 128.

Norte: polígono 128, parcelas 106 e 91.

Leste: polígono 128, parcelas: 103, 104, 105, 107, 108, 109.

Sur: polígono 128, parcela 110.

Oeste: polígono 128, parcelas: 110, 264.

12. Lindeiros da parcela 3 do polígono 100.

Norte: polígono 99, parcela 9005. Polígono 100, parcela 9.

Leste: polígono 100, parcela 2.

Sur e oeste: polígono 99, parcela 9001.

13. Lindeiros do couto redondo formado polas parcelas 50, 289, 290 e 291 do polígono 99.

Norte: polígono 99, parcela 235.

Leste: polígono 99, parcelas: 9003 e 9004.

Sur: polígono 99, parcelas: 49 e 295.

Oeste: polígono 99, parcelas: 294, 250, 249, 248, 243, 242, 241, 240, 235.

Consultado o rexistro de montes veciñais en man común, conclúese que parte das parcelas 153 e 368 do polígono 99 están no MVMC Florderrei, clasificado o 23 de xuño de 1975 para a comunidade de Florderrei, do concello de Riós. Para definir con exactitude a superficie xa clasificada é preciso realizar unha revisión do esbozo da carpeta ficha deste monte.

O resto das parcelas, vinte e dúas, aparentemente non presentan problemas para a súa clasificación, non afectan ningún monte veciñal en man común dos clasificados ata a data nin dos que están en trámites de clasificación, non invaden montes catalogados de utilidade pública, montes cualificados como protectores ou con outras figuras de especial protección e non están afectados por consorcios ou convenios para a xestión forestal pública.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Ourense, 24 de febreiro de 2017

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Ourense