Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2017 Páx. 13051

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 24 de febreiro de 2017, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Revoltas de Abaixo e Castelo a favor dos veciños de Esgueva, na parroquia de Madarnás (San Tomé), no concello do Carballiño (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 13 de decembro de 2016, adoptou a seguinte resolución:

«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Revoltas de Abaixo e Castelo a favor dos veciños de Esgueva, na parroquia de Madarnás (San Tomé), no concello do Carballiño (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 20 de marzo de 2007 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Francisco Rodríguez Fernández e Nemesio García Martínez no cal solicitan a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Revoltas de Abaixo e Castelo.

Segundo. Con data do 16 de marzo de 2016, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, e designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Denominación do monte: Revoltas de Abaixo e Castelo.

Superficie: 86.286 m2.

Pertenza: veciños de Esgueva.

Parroquia: Madarnás (San Tomé).

Concello: O Carballiño.

Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Nome da parcela

Superficie (m2)

Castelo

30.474

Revoltas de Abaixo

55.812

1ª Parcela. Castelo:

Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Polígono

Parcela

Superficie catastral (m2)

Superficie en clasificación (m2)

32

388

30.474

30.474

Estremas:

a) Perímetro exterior.

Norte (parcelas enumeradas de oeste a leste mediante datos catastrais).

Polígono

Parcela

Propietario

32

512

-

511

-

453

-

Leste (parcelas enumeradas de norte a sur mediante datos catastrais).

Polígono

Parcela

Propietario

32

374

-

176

-

173

-

172

-

171

-

170

-

169

-

Sur (parcelas enumeradas de leste a oeste mediante datos catastrais).

Polígono

Parcela

Propietario

32

9006

Camiño

102

CMMVVMC Medela

Oeste (parcelas enumeradas de sur a norte mediante datos catastrais).

Polígono

Parcela

Propietario

32

102

CMMVVMC Medela

b) Perímetro interior (encravados).

Non existen encravados.

2ª Parcela. Revoltas de Abaixo:

Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Polígono

Parcela

Superficie catastral (m2)

Superficie en clasificación (m2)

32

268

55.812

55.812

Estremas:

a) Perímetro exterior.

Norte (parcelas enumeradas de oeste a leste mediante datos catastrais).

Polígono

Parcela

Propietario

32

256

-

254

-

253

-

252

-

249

-

248

-

250

-

9010

Camiño

259

-

258

-

257

-

9008

Camiño

283

-

269

-

270

-

271

-

9007

Camiño

Leste (parcelas enumeradas de norte a sur mediante datos catastrais).

Polígono

Parcela

Propietario

32

296

-

210

-

209

-

208

-

207

-

206

-

205

-

204

-

Parcela urbana ref. catastral: 0011001000NH70A

31

9001

Camiño

32

211

-

218

-

9002

Camiño

246

-

241

-

514

-

238

-

236

-

194

-

193

-

192

-

191

-

Sur (parcelas enumeradas de leste a oeste mediante datos catastrais).

Polígono

Parcela

Propietario

32

190

-

189

-

188

-

185

-

Oeste (parcelas enumeradas de sur a norte mediante datos catastrais).

Polígono

Parcela

Propietario

32

168

-

9006

Camiño

374

-

b) Perímetro interior (encravados).

Non existen encravados.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei “son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños”.

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao xurado provincial de clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Revoltas de Abaixo e Castelo a favor dos veciños de Esgueva, na parroquia de Madarnás (San Tomé), no concello do Carballiño (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Ourense, 24 de febreiro de 2017

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense