Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2017 Páx. 12630

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (PO 4221/2014-E).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda

Procedemento: PO procedemento ordinario 4221/2014-E

Sobre urbanismo

Contra Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Concello de Monterrei

No procedemento ordinario arriba indicado acordouse expedir este edicto, co fin de que se publique no Diario Oficial de Galicia a parte dispositiva da sentenza ditada pola Sala Terceira do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo.

Resolución.

Por todo o exposto, en nome do rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta Sala decidiu:

1º. Que debemos declarar e declaramos procedente o recurso de casación 3137/2015, interposto por Manuel Nieto Carballeda, Luis González González e Aurora Álvarez Dopazo contra a sentenza ditada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 25 de xuño de 2015, no recurso contencioso-administrativo 4221/2014.

2º. Que debemos anular e anulamos e casamos a citada sentenza.

3º. Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo 4221/2014, formulado por Manuel Nieto Carballeda, Luis González González e Aurora Álvarez Dopazo contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, do 7 de febreiro de 2014, pola que foi definitivamente aprobado o Plan xeral de ordenación municipal de Monterrei (publicada no DOG do 19 de febreiro de 2014 e no BOP de Ourense do 21 de marzo).

4º. Que declaramos que a dita orde e o Plan xeral de ordenación de Monterrei aprobado por ela son contrarios ao ordenamento xurídico e, en consecuencia, anulámolos.

5º. Que non facemos expresa imposición das custas causadas na instancia e en casación.

6º. Publíquese a resolución desta sentenza no Diario Oficial de Galicia, para os efectos previstos no artigo 72.2 da Lei xurisdicional 29/1998, do 13 de xullo.

Notifíquese esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa.

Así se acorda e asina.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado relator, Rafael Fernández Varela, estando constituída a sala en audiencia pública, o cal, como letrada da Administración de xustiza, certifico.

A Coruña, 21 de febreiro de 2017

Inmaculada Pérez Arrojo
Letrada da Administración de xustiza