En sesión que tivo lugar o día 7 de marzo de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 24 de novembro de 2016 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, e acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da fase de oposición terá lugar o día vinte e nove (29) de marzo de 2017, na aula nº 2 da Escola Galega de Administración Pública, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.
Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul. Os aspirantes serán provistos de calculadora polo tribunal, quedando prohibido o uso de calculadoras distintas ás que se lles faliciten.
Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2017
Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal