Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2017 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 3.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 xullo e en colaboración coas universidades da Comunidade Autónoma de Galicia, convócanse as actividades de formación dirixidas ao seu persoal de administración e servizos (PAS), cuxas bases se detallan nos anexos desta resolución.
RESOLVO:
Publicar a convocatoria das actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.
Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2017
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO I
Bases
Primeira. Requisitos dos participantes
Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades da Comunidade Autónoma de Galicia que se encontran en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria.
Toda persoa solicitante que ao inicio do curso estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.
Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación
Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <http://egap.xunta.gal>
Terceira. Solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. Dentro do prazo de presentación de solicitudes establecido no punto 1 desta base os solicitantes deberán presentar na EGAP, de ser o caso, xunto cunha copia do formulario de solicitude, a seguinte documentación:
– Documentación complementaria acreditativa de circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) de acordo cos criterios de selección sinalados na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).
Para isto poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>
4. O número máximo de cursos que se pode solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco en todas as convocatorias cuxo prazo de matrícula sexa coincidente.
5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
7. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.
8. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un computador con conexión á internet.
– Un navegador web co plugin de flash.
9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35, e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>
Cuarta. Criterios de selección
1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).
Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos que o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.
Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo). Para o ano 2017, segundo a Resolución do 20 de xaneiro (DOG do 30 de xaneiro), comezarase pola letra K.
2. A totalidade das prazas de cada actividade formativa repartiranse proporcionalmente en función do número de efectivos de cada universidade da Comunidade Autónoma Galicia de acordo cos datos que figuran no Boletín Estatístico do persoal ao servizo das administracións públicas de xullo de 2016.
3. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.
Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado
1. A EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas.
O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación.
Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxería telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda, todo isto de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.
Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia
1. Os cambios ou as substitucións na selección:
En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.
2. A renuncia:
a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:
– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.
– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.
– Por outras causas xustificadas documentalmente.
b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.
Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>
c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
3. A asistencia e a puntualidade:
a) É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. Para estes efectos, realizarase un único chamamento por orde alfabética. En ningún caso se admitirán cambios na asignación de quendas das probas.
b) As persoas participantes deberán vir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade.
c) Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.
d) Non se permitirá o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento das probas.
4. As faltas de asistencia nas actividades presenciais:
1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.
2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais, pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
5. Seguimento das actividades de teleformación:
As persoas que non completen o 75 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
Sétima. Realización de probas
1. Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final delas, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade, agás as correspondentes ao Plan ofimático de Galicia que terán lugar na sede da EGAP en Santiago de Compostela.
2. Para poder superar os cursos de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:
– A asistencia á sesión presencial, se a houber.
– A adecuada realización de todas as actividades que o titor propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.
– Para poder aprobar a actividade formativa, o alumnado deberá superar unha proba final de avaliación.
Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.
Oitava. Certificado de aproveitamento
Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba.
Non se expedirán certificados de asistencia sen a superación do curso.
Novena. Facultades da EGAP
1. A EGAP xunto coas universidades da Comunidade Autónoma de Galicia resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que lle afecten á súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.
2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.
3. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.
4. A EGAP xunto coas universidades da Comunidade Autónoma de Galicia poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.
5. A EGAP xunto coas universidades da Comunidade Autónoma de Galicia garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.
ANEXO II
Código |
Denominación |
Prazas |
Horas |
Cualificación |
Destinatarios |
Localidade/ |
Datas |
Data da proba de avaliación |
Horario |
Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas |
|||||||||
UN17020 |
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
24.4.2017 18.5.2017 |
24.5.2017 |
Proba de avaliación 16.30 h |
UN17019 |
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
26.5.2017 19.6.2017 |
22.6.2017 |
Proba de avaliación 19.00 h |
UN17013 |
A xurisdición contencioso-administrativa |
50 |
20 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
31.5.2017 19.6.2017 |
22.6.2017 |
Proba de avaliación 17.30 h |
UN17011 |
A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia |
50 |
20 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
31.5.2017 19.6.2017 |
22.6.2017 |
Proba de avaliación 16.30 h |
UN17017 |
Curso básico de seguridade social |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
5.9.2017 4.10.2017 |
9.10.2017 |
Proba de avaliación 16.30 h |
UN17021 |
Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social |
50 |
20 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
15.9.2017 4.10.2017 |
9.10.2017 |
Proba de avaliación 17.30 h |
UN17018 |
Incompatibilidades dos empregados públicos de Galicia |
50 |
18 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
20.10.2017 6.11.2017 |
9.11.2017 |
Proba de avaliación 16.30 h |
UN17012 |
Incompatibilidades dos empregados públicos de Galicia |
50 |
15 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
23.10.2017 6.11.2017 |
9.11.2017 |
Proba de avaliación 17.30 h |
UN17022 |
Modalidades contractuais recollidas no Estatuto dos traballadores e na Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
26.10.2017 24.11.2017 |
28.11.2017 |
Proba de avaliación 16.30 h |
Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades |
|||||||||
UN17024 |
Protocolo universitario |
50 |
20 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
29.5.2017 17.6.2017 |
21.6.2017 |
Proba de avaliación 19.00 h |
UN17014 |
Atención á cidadanía |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
11.9.2017 5.10.2017 |
9.10.2017 |
Proba de avaliación 19.00 h |
UN17016 |
Como deseñar presentacións eficaces |
50 |
20 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
17.10.2017 6.11.2017 |
09.11.2017 |
Proba de avaliación 19.00 h |
UN17023 |
Prevención e xestión de conflitos |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
30.10.2017 23.11.2017 |
28.11.2017 |
Proba de avaliación 17.30 h |
Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios |
|||||||||
UN17026 |
Xestión de proxectos I+D+I no horizonte 2020 |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
19.4.2017 18.5.2017 |
24.5.2017 |
Proba de avaliación 19.00 h |
Portal de idiomas |
|||||||||
UN17003 |
Lingua inglesa 1 (A1) |
50 |
80 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
30.3.2017 23.6.2017 |
30.6.2017 |
Proba de avaliación 16.00 h |
UN17004 |
Lingua inglesa 2 (A2) |
50 |
80 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
30.3.2017 23.6.2017 |
30.6.2017 |
Proba de avaliación 16.00 h |
Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa |
|||||||||
UN17025 |
Seguridade dixital nivel de usuario |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
19.4.2017 18.5.2017 |
24.5.2017 |
Proba de avaliación 17.30 h |
UN17009 |
Seguridade da información no ámbito das universidades públicas |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
18.5.2017 16.6.2017 |
21.6.2017 |
Proba de avaliación 17.30 h |
UN17008 |
Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679, de protección de datos |
50 |
25 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
22.5.2017 15.6.2017 |
21.6.2017 |
Proba de avaliación 16.30 h |
UN17015 |
Certificado dixital |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
25.10.2017 23.11.2017 |
28.11.2017 |
Proba de avaliación 19.00 h |
Bibliotecas |
|||||||||
UN17027 |
Propiedade intelectual nas bibliotecas |
25 |
24 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Presencial |
2.5.2017 10.5.2017 |
10.5.2017 |
Clases presenciais 16.30 a 20.30 |
Plan formativo ofimático de Galicia |
|||||||||
UN17005 |
Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010) |
50 |
50 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
24.4.2017 12.6.2017 |
15.6.2017 |
Proba de avaliación 18.30 h |
UN17010 |
Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows) |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
8.5.2017 6.6.2017 |
12.6.2017 |
Proba de avaliación 18.30 h |
UN17006 |
Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft office 2010) |
50 |
50 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
4.9.2017 23.10.2017 |
30.10.2017 |
Proba de avaliación 16.30 h |
UN17007 |
Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010) |
50 |
30 |
Aproveitamento |
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas |
Teleformación |
23.10.2017 21.11.2017 |
27.11.2017 |
Proba de avaliación 18.30 h |